Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xaneiro de 2021

    O Exame de Proficiencia de Coreano como Lingua Estranxeira (TOPIK, polas súas siglas en inglés) será administrado tres veces este ano fóra das fronteiras de Corea. O Instituto Nacional de Educación Internacional é a institución encargada de levar a cabo a proba.

    Fonte: The Korea Herald

    22 de xaneiro de 2021

    Arredor de 200 intérpretes de lingua de signos portuguesa esperan que o Goberno de Portugal regulamente a súa profesión despois de que esta gañase visibilidade coa pandemia.

    Fonte: RTP Notícias

    22 de xaneiro de 2021

    O Goberno de Aragón e a Comarca de Sobrarbe convocan a cuarta edición dos premios Espiello Agora x l’aragonés, un galardón que ten como obxectivo difundir o patrimonio lingüístico aragonés e fomentar a creación audiovisual nesta lingua.

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    22 de xaneiro de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística actualizou e reeditou a guía Viure a Catalunya. Aprenem català des del rus dirixida á poboación de Cataluña falante de ruso que quere aprender catalá e que xa está dispoñible en formato dixital para a súa descarga.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de xaneiro de 2021

    A partir do 25 de xaneiro xa se pode xogar en lingua galega, así como en español, inglés, ruso, chinés, alemán e francés, a The Waylanders, un videoxogo de rol de fantasía desenvolvido polo estudio coruñés Gato Salvaje.   

    Fonte: Praza Pública

    22 de xaneiro de 2021

    Radio Estrada organiza por cuarto ano Can Valentín, un concurso de cartas de amor ao que poden presentarse textos, en prosa ou en verso, orixinais e inéditos, escritos en galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    22 de xaneiro de 2021

    Tras o cambio na presidencia dos EUA, o sitio web da Casa Branca recupera a súa versión en lingua española, que fora eliminada pola anterior administración.

    Fonte: CNN

    22 de xaneiro de 2021

    Unha comisión lingüística do Territorio de Guam, unha illa do Pacífico occidental que pertence aos EUA, aprobou novas normas ortográficas para a lingua chamorro, idioma vernáculo falado neste territorio insular.

    Fonte: Pacific Daily News

    21 de xaneiro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do audiovisual Abe Rábade. Piano solo entre árbores, un recurso do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pode verse no Portal da lingua galega.

    21 de xaneiro de 2021

    O Concello de Donostia está animando as familias, con motivo da campaña de matriculación para o vindeiro curso, a que escollan para os seus fillos e fillas o modelo D en éuscaro, xa que, segundo sinalan, é a mellor opción para unha educación realmente bilingüe.

    Fonte: Donostiako Udala

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder