O Concello de Santiago presentou as bases da convocatoria de axudas para a mellora e a innovación da restauración e hospedaxe compostelá. Entre as súa liñas figura a de incorporar ou ampliar o uso da lingua galega e doutros idiomas, á que se destinan 15 000 euros para paliar gastos de comunicación que contribúan a unha mellor atención da clientela.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os establecementos donostiarras que poñan en éuscaro os seus rótulos exteriores ou interiores poderán solicitar unha subvención ao Concello, que destinará 20 000 euros a estas axudas e ofrecerá o servizo gratuíto de tradución e corrección de textos para o comercio e a hostalería.
Fonte: DonostiTik
En total, destínase case un millón de euros á convocatoria de axudas para 2020 dirixidas a financiar proxectos e actividades de promoción do éuscaro (asociacións), plans locais de normalización lingüística (concellos) e iniciativas de creación e difusión de contidos nesta lingua (sector das TIC).
Fonte: DonostiTik
A Oficina do Comisario de Linguas Oficiais do Goberno do Canadá publicou unha enquisa para coñecer a satisfacción da cidadanía co uso das dúas linguas oficiais, francés e inglés, na difusión de información sobre a covid-19.
Fonte: CTV News
A Asemblea da República de Portugal defendeu a necesidade de regulamentar o acceso á profesión de intérprete de lingua de signos 20 anos despois de que se aprobase a lei que o esixía.
Fonte: Dnoticias.pt
O alumnado de primeiro curso do Grao en Comunicación Audiovisual contribuíu a enriquecer a Wikipedia en éuscaro a través do traballo realizado no módulo "Multimedia participativa". Así, logrouse que en xuño de 2020 esta lingua fose a que máis incrementou na produción de artigos.
Fonte: Mondragon Unibertsitatea
A administradora provisional única da Corporación RTVE, Rosa María Mateo, afirmou que a radio e a televisión públicas apoiarán a inclusión da lingua asturiana nos seus contidos.
Fonte: La Vanguardia
O British Council, institución pública británica encargada da difusión da lingua inglesa, anunciou un programa de apoio individualizado a un millón de estudantes de inglés en todo o mundo durante a pandemia da covid-19.
Fonte: Business Wire
O Instituto Camões e cinco universidades portuguesas ofrecen a partir do mes de xullo un innovador curso en liña de lingua e cultura portuguesas para estudantes de todo o mundo.
Fonte: Observador
O Institut d’Estudis Eivissencs (IEE) demanda a utilización do nome en catalán dos topónimos e os alimentos nas denominacións de orixe, xa que nas campañas destes produtos postas en marcha polo Goberno da illa non sempre se fai.
Fonte: Periódico de Ibiza
Boletín
Subscríbase ao boletín



