A Confederación Estatal de Persoas Xordas reivindicou a presenza das linguas de signos española e catalá nas políticas públicas nun manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas celebrado o 14 de xuño.
Fonte: El Bierzo Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Confederación Estatal de Persoas Xordas reivindicou a presenza das linguas de signos española e catalá nas políticas públicas nun manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas celebrado o 14 de xuño.
Fonte: El Bierzo Digital
Esta nova liña de apoio aos subtítulos en catalán está dotada con 140 000 euros, para festivais e mostras de cine en Cataluña. Subvencionaranse tanto a tradución como a corrección, a inserción, a sincronización e as subtitulacións electrónicas.
Fonte: La Vanguardia
Pamplona acolleu a reunión entre os gobernos do País Vasco e Navarra e a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde na que renovaron o seu compromiso para traballar coordinadamente en materia de política lingüística, a través do convenio Hiruko Ituna.
Fonte: EITB
O Departamento de Cultura publicou o estudo El treball Català, youtubers i instagramers. Un punt de partida per promoure l’ús de la llengua, no que analiza o uso do catalán nos contidos xerados polas estrelas do mundo dixital dirixidos a adolescentes e xente nova e no que se propoñen iniciativas para a promoción desta lingua neste ámbito.
A plataforma XesPol, creada por dous policías locais de Carballo, foi cedida gratuitamente aos concellos galegos, polo que na actualidade a empregan en 29 municipios. A Mesa pola Normalización Lingüística felicitou esta iniciativa, xa que lle permite á cidadanía facer operacións e consultas en galego.
Fonte: Código Cero
A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional das axudas a concellos e entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O prestixioso escritor escocés Douglas Dunn xa se pode ler en galego traducido pola boirense María D. Armental, que dá ao prelo a tradución da obra Selected Poems / Poemas escollidos, da man de HFD Editorial e da Asociación Cultural Barbantia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha estudante de enfermaría dun municipio de Chiapas (México) traduce ao chol, a lingua indíxena local, as recomendacións sanitarias para evitar a difusión da covid-19 e mantén a súa comunidade libre de virus.
Fonte: ONU
Despois de perder os seus traballos pola falta de actividade durante a pandemia da covid-19, un grupo de intérpretes de conferencia que traballa para a Comisión Europea únese para demandar solucións.
Fonte: Deutsche Welle
Un estudo elaborado por Shawn Loewen, catedrático do Departamento de Lingüística da Universidade do Estado de Míchigan, tenta analizar a eficacia das aplicacións móbiles no ensino das linguas estranxeiras.
Fonte: Michigan State University
Subscríbase ao boletín