A localidade galesa de Trefeglwys, no condado de Powys, albergará unha nova escola infantil de inmersión en lingua galesa.
Fonte: County Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A localidade galesa de Trefeglwys, no condado de Powys, albergará unha nova escola infantil de inmersión en lingua galesa.
Fonte: County Times
O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, defendeu nunha conversa co presidente de Angola, João Lourenço, a mellora nas relacións entre os dous países aproveitando o uso da lingua portuguesa.
Fonte: Angonotícias
A Feira do Libro do Porto deste ano, que terá lugar nos xardíns do Palacio de Cristal, porá énfase na lingua portuguesa e na aprendizaxe da pandemia da covid-19.
Fonte: Público
Dúas deputadas do Parlamento de Timor Leste protagonizaron unha disputa verbal e física cando unha delas decidiu facer uso da lingua portuguesa no debate parlamentario.
Fonte: RTP Notícias
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou as bases reguladoras da XXXIX edición do Premio Blanco-Amor de novela longa, o máis antigo, máis prestixioso e de maior dotación económica das letras galegas, no que poden participar autoras e autores que presenten unha ou varias obras escritas en galego segundo a normativa oficial.
Fonte: Galicia 24 Horas
A Universidade de Santiago convoca, un ano máis, estas axudas que teñen como obxectivo que o galego se converta nunha lingua de uso normal na redacción e defensa das teses de doutoramento.
A Deputación de Zamora organiza este verán obradoiros hispano-portugueses gratuítos para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos cos que se pretende realizar unha aproximación á lingua e á cultura portuguesas a través da literatura, a música ou a gastronomía.
Fonte: Noticias CYL
A Generalitat convoca este ano oito liñas de axudas, ás que destinará 3,66 millóns de euros, para o fomento do catalán, cunha partida de ata 1 700 000 € para subtítulos e dobraxe; o impulso do aranés, para o que irán 70 000 €; e a difusión e a promoción da lingua de signos catalá, á que se dedicarán outros 45 000.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A campaña #Apúntate ten como finalidade animar o alumnado a matricularse para o vindeiro curso nas materias de Lingua e Literatura Asturianas e de Galego-Asturiano.
Fonte: El Digital de Asturias
Especialistas da Facultade de Filoloxía e Tradución crearon iSignos, unha ferramenta de consulta, aberta e gratuíta, na que se pon a disposición das persoas interesadas un corpus de anotación da lingua de signos española, coas súas correspondentes glosas identificativas.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín