Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de marzo de 2020

    A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega a Resolución do 6 de marzo de 2020 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de marzo de 2020

    A investigadora Eider Saragueta estudou os usos lingüísticos, a identidade e os saltos entre linguas do alumnado dunha escola biscaíña de modelo D que cursaba 5º e 6º de Educación Primaria.

    Fonte: Columna Cero

    11 de marzo de 2020

    A campaña "El dia a dia, en català", que conta co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo demandar a oficialidade do catalán na Unión Europea.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de marzo de 2020

    A Xunta da Rexión Autónoma de Sardeña, en Italia, destinará 875 mil euros aos concellos para que promovan a lingua sarda nos seus diferentes dialectos e incentiven a súa aprendizaxe.

    Fonte: Sardegna Live

    11 de marzo de 2020

    O boletín oficial da República de Estonia anunciou que se revisará a tradución ao inglés da súa Constitución e estará lista para o centenario da súa escritura que se celebrará en xuño.

    Fonte: ERR

    11 de marzo de 2020

    No marco da iniciativa Benvido Montaigne!, a Facultade de Ciencias da Comunicación organiza un obradoiro e un concurso de fanzines e ensaios en galego co obxectivo de fomentar o uso desta lingua así como a creatividade na comunidade universitaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de marzo de 2020

    O obradoiro “Recursos informáticos para traballar en galego”, que se desenvolverá os días 15, 16, 21, 22 e 23 de abril de 2020 no Auditorio Mar de Vigo, está dirixido a todas as persoas que queiran ampliar os seus coñecementos sobre este tema.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de marzo de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    10 de marzo de 2020

    Un grupo de investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo está a realizar un estudo sobre a situación da lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal. Unha primeira achega do estudo revela que o ensino actual do mirandés nas escolas locais sería insuficiente para garantir a preservación do idioma.

    Fonte: RTP

    10 de marzo de 2020

    Un informe elaborado por varias institucións académicas chinesas aborda o impacto do coronavirus no sector das empresas de ámbito lingüístico e podería servir de pauta para outros países que están sufrindo agora o ataque desta enfermidade.

    Fonte: Slator

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder