Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de marzo de 2020

    Ante a suspensión temporal da súa actividade presencial, o Consello da Cultura Galega decidiu reforzar a difusión dixital de contidos culturais galegos e en galego. Así, nas vindeiras semanas desde a web da institución poderá accederse a todo tipo de información, ao seu fondo documental, a datos sobre o impacto do coronavirus no sector cultural etc.    

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de marzo de 2020

    A Secretaría de Cultura do Goberno de México, por medio do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, entregou a representantes do pobo orixinario tutunakú ou totonaco a norma de escritura e alfabeto oficiais da súa lingua nativa.

    Fonte: Vértigo Político

    17 de marzo de 2020

    As escolas de linguas do condado inglés de Devon están sumidas nunha fonda crise pola perda de clientes a causa das restricións provocadas polo coronavirus.

    Fonte: Devon Live

    16 de marzo de 2020

    O comercio local de Reus valora moito para a contratación de persoal que os profesionais saiban inglés e francés. Malia supoñer un valor engadido, non é imprescindible, senón que serve para descartar perfís cando se fai un proceso de selección.

    Fonte: Diari de Tarragona

    16 de marzo de 2020

    Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo organizan unha nova edición de Enreguéifate, un proxecto que busca impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela ao fomento do uso do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de marzo de 2020

    O Consell de Formentera asinou un convenio de colaboración coa Dirección Insular da Administración Xeral do Estado para impartir un primeiro curso de catalán destinado aos axentes da Garda Civil da illa.

    Fonte: Periódico de Ibiza y Formentera

    16 de marzo de 2020

    Despois de realizar unha residencia literaria en Galicia, o investigador brasileiro Henrique Komatsu presenta un documental sobre a orixe galega da lingua portuguesa que será retransmitido no Museo da Imaxe e Son de Campo Grande, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur.

    Fonte: Campo Grande News

    16 de marzo de 2020

    Un grupo de investigadoras e investigadores das universidades de Malta e Múnic e da Academia Austríaca das Ciencias revela datos sobre a percepción de acentos alleos en falantes dunha lingua estranxeira e a dificultade que temos en producir acentos correctos cando falamos esa mesma lingua.

    Fonte: Times of Malta

    13 de marzo de 2020

    O presidente de Ucraína, Volodymyr Zelenskyy, proclamou unha lei educativa que ofrece tres modelos para a aprendizaxe da lingua ucraína para as minorías que residen no país, incluída a rusa.

    Fonte: Ukrainian News

    13 de marzo de 2020

    A Xarxa Vives de universidades financiará a publicación de traballos científicos en catalán mediante un programa de axudas. O obxectivo da iniciativa é prestixiar esta lingua e fomentar o seu uso na difusión do coñecemento.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder