Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de marzo de 2020

    A Escola Galega de Administración Pública (Egap) organiza varias actividades formativas dirixidas ao persoal da Administración local, entre as que figura un curso en liña de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de marzo de 2020

    A Consellería de Cultura e Turismo puxo en marcha a campaña #Aculturasegue con recursos en liña dos seus arquivos, museos e bibliotecas etc., así como ferramentas para a difusión, uso e perfeccionamento da lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    24 de marzo de 2020

    Nunha iniciativa dos portugueses Sandra Pereira e João Ferreira, máis de 60 eurodeputadas e eurodeputados de varios países presentaron unha carta reclamando unha maior contratación de profesionais da tradución nas institucións europeas. A falta de profesionais podería pór en risco o multilingüismo da UE.

    Fonte: JN

    24 de marzo de 2020

    A República de Mongolia anunciou que a partir do ano 2025 abandonará o alfabeto cirílico e restaurará o uso da escritura vertical tradicional.

    Fonte: Jornalet

    23 de marzo de 2020

    A cidadanía poderá acceder, de xeito telemático, a diferentes recursos para aprender, practicar e promover o catalán, como cursos en liña, voluntariado lingüístico, servizo para atención de dúbidas lingüísticas etc.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de marzo de 2020

    Un grupo de falantes de mirandés gravou un vídeo en mirandés en que se apela a poboación de Miranda do Douro a que fique na casa por mor do coronavirus.

    Fonte: Sapo 24 

    23 de marzo de 2020

    O Goberno de Gales encargoulle ao estudio de deseño Smörgåsbord unha nova fonte tipográfica que será usada especificamente para a lingua galesa.

    Fonte: Design Week

    21 de marzo de 2020

    Como cada 20 de marzo, as Nacións Unidas celebraron o Día da Lingua Francesa co fin de promover a riqueza deste idioma que se fala nos cinco continentes. A celebración cumpre 50 anos con esta edición.

    Fonte: Ministère de la Culture

     

    21 de marzo de 2020

    Unha nova tecnoloxía máis sofisticada permitirá que 171 das 222 estacións ferroviarias que existen no País de Gales teñan sistema de información por megafonía en lingua galesa.

    Fonte: Rail Business UK

    20 de marzo de 2020

    O tecido cultural galego ofrece recursos culturais e de lecer para estes días de illamento, no eido audiovisual, coa proxección de cinema na rede, ou con recursos, como contos e música, para que os máis pequenos se entreteñan.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder