Un informe elaborado polo Consello de Europa advirte que Irlanda debería incrementar o ensino de inmersión en gaélico irlandés e a contratación e formación de máis profesorado capaz de impartir materias nesta lingua.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un informe elaborado polo Consello de Europa advirte que Irlanda debería incrementar o ensino de inmersión en gaélico irlandés e a contratación e formación de máis profesorado capaz de impartir materias nesta lingua.
Fonte: BBC
A Delegación da Comunidade de Madrid da Federación Española de Intérpretes de Lingua de Signos e Guías Intérpretes (FILSE) alertou da precarización da súa profesión e de futuro incerto para o novo curso académico.
Fonte: El Boletín
A Deputación de Pontevedra presentou Re-Acción Cultural, un plan dotado con 2,5 millóns de euros para reactivar o sector cultural tras a pandemia da covid-19 e que se desenvolverá nos eixes da música, o patrimonio e as rutas xacobeas, as artes escénicas, o audiovisual, o cinema e as letras.
Fonte: Cultura Galega
Un total de 40 alumnos e alumnas de diferentes continentes comezaron o curso en liña de mirandés impartido pola Asociación de Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM).
Fonte: RTP Notícias
O Consello da Cultura Galega (CCG) pon a disposición da cidadanía o libro Calen barbas, falen cartas que bota máis luz sobre o galego durante os Séculos Escuros.
Fonte: CCG
Un informe revela que o portugués é a terceira lingua máis falada no cantón suízo de Valais, despois do francés e o alemán e por diante do italiano e o inglés.
Fonte: Le Nouvelliste
Nós Televisión e o Club de Debate, representado pola Asociación e Entidades Locais pola Lingua Galega, recibiron o XI Premio Rosalía de Castro de lingua galega da Deputación da Coruña.
Fonte: Deputación da Coruña
A Academia de Letras e Artes de Guinea-Bissau (ALAB, polas súas siglas en portugués) foi fundada recentemente na cidade de Bissau co obxectivo de incentivar o uso da literatura e a arte e promover a lingua portuguesa.
Fonte: Mundo Lusíada
O programa de TVG Galicia por diante incorpora esta verán un novo espazo que ten por obxectivo gañar novos e novas falantes para a lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou por 27 votos a favor, 13 en contra e 5 abstencións, a reforma do Regulamento da Cámara para garantir o dereito a usar o asturiano no parlamento autonómico.
Fonte: Público
Subscríbase ao boletín