Espazo Lectura é un proxecto que naceu hai 14 anos no Val Miñor para fomentar a lectura en lingua galega. Agora, o obrigado confinamento debido á crise do coronavirus, levounos a deixar en suspenso moitas das súas actividades. Por este motivo, están a publicar vídeos de letubers, rapaces e rapazas da comarca que gravan vídeos para recomendar libros en galego que logo comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigo.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Integrantes da Asociación Canadense de Intérpretes de Lingua de Signos e da comunidade de persoas xordas de Toronto agradeceron o incremento no uso dos servizos de interpretación nesta lingua por mor da pandemia do COVID-19.
Fonte: Global News
A transmisión en vivo en lingua italiana do museo do Hermitage de San Petersburgo rexistra un grande éxito. Un total de 10 000 persoas seguiron o directo e outras 160 000 estableceron conexión nalgún momento.
Fonte: Sassari Notizie
Beñat Erezuma, profesor de Tecnoloxía, puxo en marcha hai uns anos a canle de YouTube “Euskara Satorra: aprender euskera con vídeos” que conta con arredor de 17 000 subscritores. Agora ofrece unha das súas leccións a través do himno do Athletic Club nun vídeo no que traduce e explica a súa letra.
Fonte: El Desmarque
O documental El valir económicu d'una llingua presenta o asturiano como un elemento de dinamización empresarial, así como de creación de empresas e de xeración de emprego e riqueza.
Fonte: Asturies.com
O Concello da Estrada publicou as bases do XXXII premio de novela Manuel García Barros e da XXIV edición do premio de poesía Avelina Valladares, cuxo prazo de presentación finaliza o 15 de maio.
Fonte: Faro de Vigo
Este especial en liña sobre Carballo Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, coincide co 30 cabodano do seu falecemento e inclúe información biográfica, fotografías e audios, un epistolario etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O grupo de apoio á lingua gaélica Turas acaba de publicar, coa axuda dunha universidade local, diferentes mapas en gaélico irlandés da cidade norteirlandesa de Belfast.
Fonte: The Irish Times
Un neno portugués dunha familia bilingüe é o encargado de impartir clases de lingua de signos portuguesa nunha nova páxina creada en Youtube.
Fonte: Evasões
O Boletín Oficial de Aragón publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras dos premios de creación literaria e artística en aragonés e catalán.
Fonte: Iustel
Boletín
Subscríbase ao boletín


