Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de abril de 2020

    Un acordo asinado pola Corte Constitucional de Colombia e a ONG Amazon Conservation Team permitirá traducir ás linguas indíxenas de Colombia as sentenzas xudiciais. As linguas awá, inga, wayuu, witoto e emberá serán as primeiras en entrar no proxecto.

     

    03 de abril de 2020

    O Goberno de Suecia declarou que creará unha comisión que examinará os abusos cometidos polo Estado sueco contra a minoría lingüística meänkieli con motivo das políticas de asimilación que se aprobaron en tempos pasados.

    Fonte: The Japan Times

    03 de abril de 2020

    A situación causada pola pandemia do coronavirus obrigou o equipo organizador do festival nacional Eisteddfod, a celebración máis importante de poesía e música en lingua galesa, a adialo para o ano que vén.

    Fonte: Wales Online

    02 de abril de 2020

    A Xunta de Galicia vén de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Ata agora só estaba accesible para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de abril de 2020

    A través da súa conta de Instagram, a Real Academia Española propón un novo reto para os días de confinamento. A través de xogos lingüísticos e tests, a institución pretende poñer a proba os coñecementos de persoas adultas e nenos en relación coa ortografía e a gramática da lingua española.

    Fonte: Diario de Sevilla

    02 de abril de 2020

    O obxectivo deste convenio, asinado entre a Universidade de Alacant e Escola Valenciana, é formar, a partir da cooperación entre ambas as institucións, un grupo de traballo para fomentar a investigación e a difusión sobre a educación multilingüe, tanto no ámbito universitario como nos diferentes niveis do ensino non universitario.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de abril de 2020

    Co obxectivo de fomentar a participación da cidadanía no enriquecemento da  Galipedia, a Wikipedia en galego, ponse en marcha a iniciativa EuTraduzoNaCasa para impulsar a incorporación de persoas voluntarias ao equipo de tradución desta enciclopedia en liña. En concreto, a proposta consiste en facer traducións de artigos bos e de calidade da Wikipedia en castelán que aínda non existan na Galipedia.

    02 de abril de 2020

    Xosé Luís Franco Grande, que faleceu aos 84 anos de idade, foi responsable do primeiro Diccionario galego-castelán (1968), así como escritor e avogado e membro da Real Academia Galega dende 1998.

    Fonte: Praza Pública

    01 de abril de 2020

    O programa Euskal Kirolari está a compartir vídeos en éuscaro, protagonizados por deportistas vascos (como a surfista Leticia Canales, os futbolistas Ibai Gómez e Luca Sangalli, o ciclista Mikel Landa ou a remeira Nerea Pérez), co obxectivo de fomentar a actividade física na casa durante o confinamento.

    01 de abril de 2020

    O Goberno de Euskadi e a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde comprometéronse a colaborar no impulso do éuscaro en 2020 e definiron as liñas de traballo para este ano, así como as asignacións económicas que se destinarán á promoción desta lingua no País Vasco francés.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder