Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de abril de 2020

    O Goberno vasco destinará 979 000 euros á convocatoria de axudas Euskalgintza, unhas axudas que están dirixidas ao impulso de proxectos de desenvolvemento e normalización do éuscaro na vida social.

    Fonte: 20minutos

    08 de abril de 2020

    Trátase dun estudo do ano 1987 sobre o uso e a actitude da igrexa católica diante do galego no que Xesús Ferro Ruibal fai unha análise sociolingüística sobre a progresiva castelanización desta institución.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de abril de 2020

    O Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega puxeron a disposición das persoas interesadas para a súa descarga varias publicacións que se achegan á cultura galega de principios do século XX ou mesmo o XIX.

    Fonte: CulturaGalega

    08 de abril de 2020

    Os institutos de secundaria Escolas Proval de Nigrán e Terra de Turonio de Gondomar convocan o I Certame de Micropoemas Beatriz da Serra. Poderase presentar o alumnado de 9 a 20 anos dalgún dos centros educativos do Val Miñor con poemas orixinais e inéditos, de entre dous e oito versos, escritos en lingua galega.

    Fonte: ValMiñorTV

    08 de abril de 2020

    O Dicionario en liña da Real Academia Galega alcanzou no mes de marzo o número máis alto de buscas da súa historia ao superar as 113 000 diarias de media. En total rexistráronse 3 503 934 procuras, un 42 % máis que no mes anterior.  

    07 de abril de 2020

    A Universidade Estatal Paulista (UNESP) de São Paulo (Brasil) presentou o Programa de Lingua Inglesa da Unesp que ofrecerá encontros virtuais sobre temas literarios, musicais e culturais co obxectivo de que o estudantado practique a lingua inglesa.

    Fonte: Saopaulo.sp.gov.br

    07 de abril de 2020

    O festival nacional Eisteddfod para a mocidade que celebra cada ano a literatura, a música e as artes escénicas en lingua galesa foi adiado por mor do coronavirus até o próximo ano.

    Fonte: ITV news

    07 de abril de 2020

    Os cursos de autoaprendizaxe en liña que ofrece a Universidade Politécnica de Valencia son gratuítos e van desde o nivel elemental ata o superior. Ademais, desde a súa web, poñen á disposición da cidadanía diferentes recursos para aprender e mellorar os coñecementos de valenciano.  

    Fonte: El Periòdic

    07 de abril de 2020

    O Goberno de Cantabria debe traballar para que o cántabro forme parte da formación lingüística, tanto no currículo formativo do alumnado como nas escolas oficiais de idiomas.

    Fonte: El Diario de Cantabria

    07 de abril de 2020

    A nova campaña de dinamización lingüística consta de sesenta stickers para impulsar o catalán a través do WhatsApp, que conteñen motivos divertidos con expresións e palabras que se utilizan habitualmente nas conversas desta rede social.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder