A novela Flores de ferro de María Rei Vilas gañou a trixésimo primeira edición do Premio de Novela Manuel García Barros convocado polo Concello da Estrada.
Fonte: Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A novela Flores de ferro de María Rei Vilas gañou a trixésimo primeira edición do Premio de Novela Manuel García Barros convocado polo Concello da Estrada.
Fonte: Cultura Galega
Organismos en prol dos dereitos humanos informaron de que Irán condenou unha profesora kurda, Zahra Mohammadi, de 28 anos de idade, a dez anos de cárcere. Segundo estes grupos, a sentenza baséase exclusivamente na súa actividade de promoción da lingua kurda.
Fonte: Nationalia
Os conselleiros en funcións de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, xunto co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participaron na homenaxe que a XII Festa da Palabra lle rendeu á Xeración Nós coincidindo co seu centenario. Trátase dun acto que tivo lugar na Insua dos Poetas, na localidade ourensá do Carballiño.
Fonte: Xunta de Galicia
A empresa dinamarquesa Too Good to Go difundiu un anuncio publicitario no Estado español que causou indignación na rede social Twitter por facer uso do acento galego dun xeito desprezativo.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta de Galicia publicou as axudas para o fomento da lingua galega nos concellos. Este ano o apoio institucional diminuíu aos 100 000 euros, denunciou a Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
Dous estudos engaden información sobre a lingua aragonesa á bibliografía existente. Un deles recopila vocabulario recente sobre a zona de Huesca e o outro recupera un documento filolóxico do século XVIII descuberto na Biblioteca Nacional de España.
Fonte: Aragón Cultura
O alumnado procedente de varios países de Asia que participaron no programa internacional Campus Spain na Universidade de Vigo realizaron os exames finais para acreditar a súa formación en lingua española.
Fonte: Universidade de Vigo
As diferentes foracións políticas que integran os escanos do Parlamento de Asturias declararon que non solicitarán o servizo de interpertación de linguas para traducir intervencións de asturiano ao español na cámara.
Fonte: La Voz de Asturias
O docente e activista cultural Pau Font impulsou Youtubers docents, o primeiro portal de Youtube que integra diferentes canles de profesorado que traballa en lingua catalá de varios territorios onde se fala este idioma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) trasladou ao Consello dos Dereitos Humanos da ONU as súas críticas ás recentes resolucións da xustiza española en contra das linguas minorizadas. A ELEN está integrada por entidades das linguas minorizadas do Estado español como a Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: ELEN
Subscríbase ao boletín