A Xunta de Galicia, a Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística promoveron hoxe a Declaración de Celanova, á que se adscribiron 38 concellos ourensáns comprometéndose coa lingua galega diante dos órganos xurisdicionais, rexistros e notariais nun acto que acolleron o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da vila ourensá e o claustro do Mosteiro de San Salvador.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A corporación Inuit TV Network ofrecerá contidos televisivos no norte do Canadá nas diferentes variedades das linguas inuit. Esta iniciativa permitirá manter a unión cultural e lingüística entre as diferentes zonas do pobo inuit.
Fonte: Rcinet
Bedwyr Ab Ion Thomas, estudante da Universidade de Cardiff, creou un pequeno dicionario de neoloxismos médicos en galés co que espera facer unha contribución ao ámbito científico en lingua galesa.
Fonte: BBC
A Asociación de Artistas Xordos Unidos de Barcelona publicou Barcelona a les mans, a primeira guía turística en lingua de signos catalá. A publicación recibiu o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e do Concello de Barcelona.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O estudo sobre o Sistema Estatal de Indicadores da Educación 2020, publicado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, revelou que o alumnado das Illas Canarias é o que máis cursa dúas linguas estranxeiras de todo o estado cunha porcentaxe do 78,9 %.
Fonte: El Día
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal deu a coñecer o nome dos gañadores do III Premio de Microrrelatos. A edición deste ano premiou a Cristina Mª Fernández Mangana, Laura Pasandín Rey e Ana María Rey Gil na categoría de adultos, mentres que na categoría xuvenil, os premios foron para Nee Barros Fernández, Andrea Estévez Correa e Ana Martínez García. Por último, na modalidade de infantil, os premios foron para Christina Cabaleiro Otero, Héctor Otero Pérez e Triana Liste Conde.
O Consello da Cultura Galega (CCG) publicou no seu Epistolario Rosalía de Castro un especial sobre unha carta descuberta da autora en 2020. Trátase dunha carta inédita escrita en 1886 e dirixida a José Villaamil.
Fonte: CCG
LleidaTV e o Consello Xeral de Arán están colaborando na serie de humor en aranés Èm çò qu’èm que nace co obxectivo de difundir o uso correcto desta lingua.
Fonte: Segre Premium
Acaba de entrar en vigor en Letonia a polémica medida aprobada previamente no parlamento que obriga as emisoras locais de televisión a reducir drasticamente as súas emisións en lingua rusa.
Fonte: La Vanguardia
A senadora Silvina García Larraburu presentou un proxecto de lei no Congreso da Nación Arxentina para que se oficialicen todas as linguas dos pobos indíxenas do país.
Fonte: Anbariloche
Boletín
Subscríbase ao boletín

