O Tribunal Supremo do Canadá adoptará unha resolución pola que obrigará os diferentes gobernos provinciais a financiar sistemas de instrución en lingua francesa.
Fonte: CBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Tribunal Supremo do Canadá adoptará unha resolución pola que obrigará os diferentes gobernos provinciais a financiar sistemas de instrución en lingua francesa.
Fonte: CBC
Unha editorial navarra atopou en Italia unha especie de dicionario escrito por un lingüista suízo que contén 100 palabras en éuscaro.
Fonte: Mediabask
Trátase dun certame, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, que busca impulsar o uso do galego no eido das Ciencias da Saúde así como fomentar a existencia de recursos divulgativos nesta lingua en novos soportes neste ámbito. Nesta quinta edición contou con 22 participantes e 25 charlas.
A presidenta do Consello Rexional de Occitania, en Francia, Carole Delga, manifestou a importancia de que todos os escolares da rexión poidan ter acceso ao ensino en occitano ou catalán.
Fonte: Jornalet
O Certame de Investigación Condado de Pallares, que chega á súa edición número catorce, ten como obxectivo promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía e o folclore no antigo territorio que conformaba este condado.
Fonte: La Voz de Galicia
A comisión de Servizos e Benestar Social do Concello de Xixón inclúe na súa orde do día a proposta de aprobación do Plan de normalización lingüística, un texto que terán que analizar os grupos municipais antes de ir a Pleno.
Fonte: La Nueva España
O ministro da Lingua Irlandesa, Seán Kyne, anunciou a aprobación dun investimento de máis de 800 000 euros para dotar a cidade de Galway dun Centro da Lingua Irlandesa que será un dos maiores de todo o país.
Fonte: Galway Daily
Un acordo entre o Instituto Politécnico de Macau (IPM), a Universidade de Estudos Estranxeiros de Guangdong (GDUFS) e o Instituto de Educación Profesional e Continua da Universidade de Hong Kong (HKUSPACE) permitirá promover o ensino e a investigación da lingua portuguesa.
Fonte: SAPO
O Concello de Santiago presentou as bases da convocatoria de axudas para a mellora e a innovación da restauración e hospedaxe compostelá. Entre as súa liñas figura a de incorporar ou ampliar o uso da lingua galega e doutros idiomas, á que se destinan 15 000 euros para paliar gastos de comunicación que contribúan a unha mellor atención da clientela.
Os establecementos donostiarras que poñan en éuscaro os seus rótulos exteriores ou interiores poderán solicitar unha subvención ao Concello, que destinará 20 000 euros a estas axudas e ofrecerá o servizo gratuíto de tradución e corrección de textos para o comercio e a hostalería.
Fonte: DonostiTik
Subscríbase ao boletín