Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xuño de 2020

    O xurado do Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal premiou nove historias que en conxunto suman 1025 palabras. Cristina Fernández Mangana, Nee Barros Fernández e Christian Cabaleiro Otero fixéronse cos primeiros premios nas modalidades de adulto, xuvenil e infantil, respectivamente.

    05 de xuño de 2020

    Un informe elaborado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña, en colaboración co servizo de noticias Deutsche Welle, revelou que un total de 15,4 millóns de persoas aprenden a lingua alemá no mundo.

    Fonte: Deutsche Welle

    05 de xuño de 2020

    O Instituto Camões, en colaboración coa Facultade de Letras da Universidade do Porto (FLUP), abriu a inscrición na primeira edición en liña do Curso de Actualización para Profesorado de Portugués como Lingua Estranxeira (CAPPLE).

    Fonte: Jornal de Notícias

    05 de xuño de 2020

    O portal Gozatu Sarean Euskaraz recolle preto de 100 iniciativas dixitais en éuscaro, entre as que se atopan series, aplicacións, xogos para o móbil..., así como diversos recursos dirixidos ao público infantil.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    05 de xuño de 2020

    O parlamento da recente República Popular de Lugansk aprobou unha resolución pola que se aproba o recoñecemento do ruso como única lingua oficial do territorio.

    Fonte: TASS

    05 de xuño de 2020

    A asemblea lexislativa da República de Estonia aprobou a creación do Consello da Lingua Estoniana que asumirá o labor que até agora viña realizando a Oficina de Inspección da Lingua.

    Fonte: ERR

    04 de xuño de 2020

    Creada en 2016 para fomentar a normalización, o uso e a presenza do aragonés en todos os ámbitos da vida social e cultural da cidade de Huesca, a Oficina de Lingua Aragonesa pechou as súas portas o pasado 30 de maio ao carecer de partida orzamentaria para prorrogar o contrato.

    Fonte: Heraldo

    04 de xuño de 2020

    Dous creativos, Pablo Honey e Tino Barreiro, son os responsables do proxecto Fálame, unha iniciativa de carácter colaborativo que ten como obxectivo promover a lingua galega a nivel internacional a través de contidos que inclúan a frase “Eu son a túa lingua. Ti es a miña fala”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de xuño de 2020

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios que este ano están dotadas con 200.000 euros, o que supón un incremento do 18% con respecto aos anos anteriores.

    03 de xuño de 2020

    O Consello Navarro do Éuscaro coñeceu as propostas do Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu 2020-2023 no que está a traballar o Goberno da Comunidade Foral para paliar os efectos da crise provocada pola COVID-19.

    Fonte: Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder