O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios que este ano están dotadas con 200.000 euros, o que supón un incremento do 18% con respecto aos anos anteriores.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Navarro do Éuscaro coñeceu as propostas do Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu 2020-2023 no que está a traballar o Goberno da Comunidade Foral para paliar os efectos da crise provocada pola COVID-19.
Fonte: Navarra
O Consello de Goberno autorizou a subscrición dun convenio entre a Administración Xeral do País Vasco e o Ministerio de Xustiza que establece as bases para que a proba de acceso ao exercicio das profesións de avogacía e procuradoría poida facerse en castelán ou en éuscaro, segundo decida o aspirante.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Deputación Foral de Biscaia aprobou a convocatoria de subvencións para 2020, cun orzamento de 900 000 euros, destinadas a publicacións periódicas en éuscaro en papel ou dixitais cuxo obxectivo sexa a difusión de información de ámbito local, comarcal ou territorial.
Fonte: 20minutos
Fibracat TV, a nova canle privada de TDT en catalán, comezará as súas emisións o vindeiro 15 de xuño. Nace cun dobre obxectivo: achegar a tecnoloxía ao público e dar visibilidade ás mulleres que se dedican a este ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O BNG do Barco de Valdeorras presentará unha moción para instar o Concello a que realice campañas de dinamización lingüística e promova o uso da lingua galega en diferentes sectores, principalmente a infancia e a mocidade.
Fonte: O Sil
Persoas de diferentes ámbitos culturais e académicos lanzaron a campaña Oor Vyce para demandar o recoñecemento oficial da lingua scots en Escocia e a creación dun organismo que garanta a súa protección e promoción.
Fonte: The National
Máis dun terzo da poboación que vive en Texas (EUA) fala unha lingua diferente do inglés, mais a información sobre a pandemia da COVID-19 é escasa en linguas estranxeiras e non chega en tempo real.
Fonte: KRGV
Unidas Podemos rexistrou unha proposición non de lei para instar o Goberno balear a garantir que a futura Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos fomente e defenda a lingua de signos.
Fonte: 20minutos
O obxectivo destes premios é aumentar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego. Os textos que se presenten deberán ser inéditos e ter esta cidade como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Poden pertencer aos xéneros de narrativa, poesía, teatro ou ensaio.
Boletín
Subscríbase ao boletín



