País Vasco
Publícanse os criterios de uso das linguas oficiais de Donostia
O Concello de Donostia publicou o documento denominado Uso de las lenguas co que busca avanzar na aceptación da pluralidade lingüística e na normalización do emprego do éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Donostia
O portal de busca de emprego en éuscaro lansarean.eus renóvase coa incorporación de novas utilidades
O portal lansarean.eus incorpora novas ferramentas que reforzan o seu papel de punto de encontro entre as empresas que buscan persoal euscaldún e persoas que desexan desenvolver a súa traxectoria profesional nesta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Arranca a festa das ikastolas de Áraba
A festa das ikastolas de Áraba comeza o 18 de xuño e con ela búscase darlles apoio aos euscaldúns e fomentar o éuscaro.
Fonte: Noticias de Álava
EiTB e o Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco impulsan unha campaña para promover o uso do éuscaro
A campaña, impulsada por EiTB e o Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco, denomínase 'Bihotzetik ezpainetara' e pretende promover o uso do éuscaro entre a poboación máis nova do País Vasco. Para acadar este obxectivo, a campaña céntrase na serie 'Go!azen', que se converteu nun auténtico fenómeno social.
Fonte: euskadi.eus
A Deputación de Biscaia e a Asociación de Clubs de Traiñeiras chegan a un acordo para fomentar o uso do éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia e a Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) chegaron a un acordo e asinaron un convenio que apoiará o proxecto 'Euskararen Txantxangorria', que ten o obxectivo de fomentar o uso do éuscaro na maior competición de remo en banco fixo, a Eusko Label Liga.
Fonte: ABC Agencias
O Departamento de Seguridade do Goberno vasco prevé que a metade dos membros da Ertzaintza coñecerá o éuscaro no 2022
O Departamento de Seguridade do Goberno vasco prevé que no ano 2022 máis da metade dos ertzainas terá as competencias lingüísticas suficientes para atender a cidadanía tanto en castelán como en éuscaro. Actualmente, só o 42% é quen de dominar ambas as dúas linguas.
Fonte: El Mundo
O Servizo Vasco de Emprego disporá dun plan de normalización lingüística no vindeiro ano
A conselleira de Emprego e Políticas Sociais, Beatriz Artolazabal, indicou que o Servizo Vasco de Emprego (Lanbide) disporá, no vindeiro ano, dun plan de normalización lingüística. Ademais, mencionou que máis dun 40% das persoas que traballan no servizo non conta coa certificación lingüística requirida para os seus postos.
Fonte: ABC
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco deixa sen validez cinco artigos do plan de éuscaro de Guipúscoa
A Deputación de Guipúscoa manifestou que apelará a resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco que deixa sen efecto cinco artigos do Plan de normalización do uso do éuscaro (2013-2017) no ámbito de actuación da entidade foral e dos seus organismos autónomos.
Fonte: eitb.eus
O dominio .eus conta con máis de 18 000 páxinas web con contidos en éuscaro
O dominio .eus abriuse paso no eido dixital vascófono. En 2016, rexistráronse 6302 nomes, o que levou a acadar os obxectivos propostos. Esta cantidade (tendo en conta que no País Vasco hai 230 000 nomes de dominios e 18 317 páxinas con contidos en éuscaro) constitúe un importante logro.
Fonte: Noticias de Álava
Publícase unha versión en éuscaro do buscador Qwant
A normalización lingüística do éuscaro segue a progresar. Neste caso, deuse un paso adiante nun eido esencial para o avance de calquera comunidade moderna, xa que se incluíu o éuscaro no buscador europeo Qwant. Este feito reafirma o labor levado a cabo por diversas entidades e asociacións e achega un novo acceso ao mundo dixital para a cultura vascófona.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín