País Vasco

A Deputación de Áraba destina 100 000 euros á aprendizaxe de éuscaro en euskaltegis

Despois do éxito do ano 2016, no que máis de 1000 alumnos se inscribiron en euskaltegis de Áraba, a Deputación vai destinar 100 000 euros a axudas para facilitar a matriculación de persoas adultas que desexen aprender éuscaro en centros HABE de Áraba e de Treviño.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Concello de Donostia destina 341 463 euros ao fomento do éuscaro para adultos

O Concello de Donostia destinará 341 463 euros a axudas para a aprendizaxe de éuscaro en adultos no curso 2017-18. Os requisitos para acceder a estas axudas son asistir ao 85% das clases e superar, polo menos, un subnivel.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno do País Vasco investirá 234 000 euros en cursos de éuscaro no estranxeiro

O Goberno do País Vasco investirá 234 000 euros para colaborar coas 'euskal etxeak' na aprendizaxe de lingua vasca no estranxeiro. Con estas axudas, terán lugar, entre outubro de 2017 e setembro de 2018, varios cursos de éuscaro dentro do proxecto 'Euskara munduan'.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

O Concello de Bilbao impulsa unha campaña para que a cidadanía se anime a aprender éuscaro

O Concello de Bilbao impulsou a campaña "Euskera is in the air-Vive Bilbao en Euskera" co obxectivo de animar a cidadanía a que se inscriba nos euskaltegis para aprender lingua vasca.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno vasco apoia a educación en éuscaro no País Vasco francés

A conselleira vasca de Educación, Cristina Uriarte, e o conselleiro de Cultura e Política Lingüística, Bingen Zupiria, apoiaron a educación en éuscaro no País Vasco francés coa súa asistencia á inauguración do liceo Bernat Etxepare de Baiona.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno do País Vasco detalla a evolución do éuscaro nunha xornada celebrada en Portugal

A directora de Promoción do Éuscaro do Goberno vasco, Estibaliz Alkorta, interveu nunha xornada sobre Política Lingüística organizada pola rede europea Cost, que tivo lugar en Coímbra (Portugal). Alí, a directora explicou a evolución da lingua vasca nas últimas décadas.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O Concello de San Sebastián presta o seu apoio a programas para impulsar a práctica do éuscaro

O Servizo Municipal de Éuscaro do Concello de San Sebastián e a asociación Bagera renovaron o seu acordo de colaboración, que permite a práctica da lingua vasca por 25 euros dentro do programa Mintzalaguna.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O exame de éuscaro da Oferta Pública de Emprego foral realizarase en Biscaia

As persoas que se presenten á Oferta Pública de Emprego foral e que teñan que efectuar a proba de éuscaro deberán acudir a Biscaia, pois todas as administracións vascas realizan de xeito conxunto esta proba para os seus aspirantes.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

Presentan en San Sebastián unha iniciativa para impulsar a creación de contidos audiovisuais en éuscaro

Será o vindeiro ano cando o centro de cultura Tabakalera, situado en San Sebastián, acolla un laboratorio de audiovisuais en éuscaro, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación Foral de Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Créase unha dinámica para a normalización do éuscaro en municipios do País Vasco

Asociacións locais e técnicos de éuscaro de municipios do País Vasco reuníronse para poñer en marcha a dinámica "365 egun", coa que pretenden colaborar para "activar" as persoas falantes de éuscaro para que durante 11 días do outono de 2018 falen esta lingua nas rúas.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder