País Vasco
A Deputación de Guipúscoa crea un equipo de traballo para acordar hábitos exemplares no uso público do éuscaro
A misión deste grupo de traballo, no que participarán entidades e institucións sociais, económicas e deportivas, será a de fixar uns "hábitos exemplares" na utilización pública do éuscaro que se convertan nunha referencia para a sociedade.
Fonte: Diario Vasco
Zineuskadi traducirá ao éuscaro cinco filmes de animación
Zineuskadi traducirá ao éuscaro as películas de animación "ORM no Reino das Neves", "Sopa de Pedras", "O reino das ras", "Richard e a cegoña" e "Lobos".
Fonte: Diario Vasco
Un estudio biscaíño crea unha aplicación infantil para aprender éuscaro a través do xogo
Esanbaki é un xogo gratuíto dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos que lles axudará a memorizar de forma sinxela vocabulario e gramática básica en éuscaro.
Fonte: SPRI
Unhas colonias de verán medirán a eficacia das iniciativas de fomento do éuscaro entre a xente nova
"Mingaina dantzan" é unha experiencia piloto, posta en marcha polo Goberno vasco, que se desenvolverá durante o verán nunhas colonias dirixidas á xente nova e que ten como obxectivo avaliar as metodoloxías de fomento do uso do éuscaro neste colectivo.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Máis dun milleiro de establecementos comerciais de San Sebastián súmanse a un proxecto de fomento do éuscaro
Ao proxecto "Merkataritzan eta ostalaritzan ere euskaraz", impulsado polo Concello de San Sebastián, uníronse máis de 1000 comercios que deberán colocar un distintivo no exterior e terán que contar con, polo menos, a metade do cadro de persoal que saiba falar en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco destina 807 000 euros ao impulso do éuscaro no contorno dixital
A partida orzamentaria de 807 000 euros estará destinada a promover, desenvolver e normalizar a utilización do éuscaro no contorno dixital. O Goberno convocará axudas para financiar proxectos novos en éuscaro así como proxectos que xa estaban en marcha.
Fonte: Gobierno Vasco
A Universidade Vasca de Verán organiza un congreso para promover a ciencia en éuscaro
O congreso Ikergazte 2017, ao que acoden 180 especialistas, ten como obxectivo impulsar a produción científica en éuscaro e o fortalecemento de redes de investigadores euscaldúns.
Fonte: EiTB
O Goberno vasco porá en marcha unha iniciativa que incidirá na activación social para promover o éuscaro
Esta nova iniciativa ten como obxectivo incidir nos hábitos lingüísticos e a activación social para promover a utilización do éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
A Universidade de Mondragón premia os proxectos de fin de grao en éuscaro
O alumno da Facultade de Empresariais Mikel Irusta Zurikarai resultou gañador do primeiro premio polo seu proxecto en éuscaro polo que recibirá 1500 euros.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Unha campaña anima os internautas a configurar ordenadores e móbiles en éuscaro
A Fundación PuntuEUS, Code Sintax, a Federación de Ikastolas e Kontseilua presentaron a iniciativa "Tamén en Internet, a primeira palabra, en éuscaro" co obxectivo de animar os usuarios a que configuren os seus ordenadores e teléfonos nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín