País Vasco
O Goberno vasco pretende intensificar a colaboración cos medios de comunicación en éuscaro
O Goberno vasco expresou o seu desexo de reforzar a colaboración cos medios de comunicación en éuscaro e recalcou que desde 2012 a partida de axudas públicas para este fin non diminuíu.
Fonte: Deia
Os perfís de éuscaro do funcionariado revisaranse para adecualos ás necesidades reais do posto de traballo
O conselleiro vasco de Cultura anunciou que se van revisar todos os perfís lingüísticos esixidos en 38 000 postos de traballo públicos, para adecuar as esixencias de cada un á realidade do desempeño dese traballo.
Fonte: Naiz
A Universidade do País Vasco quere incrementar a oferta educativa en éuscaro en graos e posgraos
A reitora da Universidade do País Vasco manifestou o seu desexo de consolidar a normalización do uso do éuscaro en todos os ámbitos da vida universitaria e de aumentar a oferta educativa nesta lingua.
Fonte: El Economista
O Goberno vasco fomentará que o alumnado inmigrante se matricule en éuscaro
O Plan de atención ao alumnado inmigrante recolle que estes estudantes, na Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria, se escolarizarán preferentemente en centros co modelo lingüístico euscaldún.
Fonte: El Diario
Máis dun terzo do cadro de persoal do Servizo Vasco de Saúde ten acreditado o seu perfil lingüístico
Case 9000 persoas que traballaban neste servizo en 2016 acreditou o perfil lingüístico de éuscaro correspondente ao seu posto de traballo, máis dun terzo do cadro de persoal, porcentaxe que se triplicou desde 2006, cando apenas se superaba o 11%.
Fonte: Deia
Arranca un concurso de videoclips para promover a creación colectiva en éuscaro da xente nova
O concurso de videoclips 'Bertsoa Bizi Gazte', posto en marcha pola Deputación Foral de Áraba e a asociación Arabako Bertsozale Elkartea, ten como obxectivo fomentar as creacións en éuscaro da mocidade.
Fonte: 20minutos
A Deputación Foral de Biscaia convoca axudas para a edición de publicacións periódicas en éuscaro
Estas subvencións están destinadas ás sociedades mercantís e cooperativas, persoas empresarias, profesionais e xurídicas privadas sen ánimo de lucro que editen publicacións periódicas en éuscaro durante 2017.
Fonte: Deia
A Deputación de Guipúscoa destinará 2,5 millóns de euros a actividades de fomento do éuscaro
En total serán 2,58 millóns de euros destinados a subvencións para entidades que realicen proxectos de fomento do éuscaro, formación ou apoio a medios de comunicación nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Bilbao pon en marcha unha iniciativa para impulsar o uso do éuscaro nos ámbitos deportivo e tecnolóxico
O Concello de Bilbao pon en marcha un ano máis 'Euskal Coaching', unha iniciativa que prevé a realización de obradoiros e conferencias destinados a impulsar o uso do éuscaro nas actividades de lecer dirixidas á mocidade relacionadas co deporte e as TIC.
Fonte: Deia
Actualizan o banco de termos meteorolóxicos en éuscaro
Euskalment, a Axencia Vasca de Meteoroloxía, actualizou o seu banco de termos meteorolóxicos no cal se revisaron 1421 definición relacionadas con este ámbito.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín