País Vasco
Un informe insta a poñer en marcha unha planificación lingüística firme para o éuscaro no ámbito do tempo libre
O informe Gu gazteok revela que o castelán está moi presente no tempo libre da mocidade vasca, polo que cómpre mellorar a situación do éuscaro en actividades relacionadas co deporte, a cultura e o lecer.
Fonte: Noticias de Álava
Donostia acollerá a presentación do Atlas de Linguas do Mundo da Unesco
O vindeiro 16 de decembro a Unesco presentará en Donostia o seu Atlas das Linguas do Mundo, que inclúe todos os idiomas existentes co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística mundial.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Aumenta o número de euscaldúns na provincia de Áraba, malia que o éuscaro continúa a ser minoritario
Segundo un estudo, os euscaldúns arabeses pasaron 15 ao 20 % en cinco anos, o problema é que, malia coñecer o éuscaro, apenas o 6 % deles o fala habitualmente.
Fonte: EiTB
Ponse en marcha unha iniciativa en Donostia para promover o uso do éuscaro no comercio
Máis de mil comercios de Donostia mostran nos seus escaparates o distintivo co que se informa a clientela de que pode recibir atención en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Recorren as probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe o persoal eventual
O sindicato LAB vai recorrer a convocatoria extraordinaria de probas de acreditación do perfil lingüístico do Servizo Vasco de Saúde para que participe tamén nelas o persoal eventual.
Fonte: El Correo
O Dicionario da Academia da Lingua Vasca recibe case 100 000 visitas en outubro
Este dicionario, cuxa nova edición foi presentada o pasado 6 de outubro, recibiu case 100 000 visitas na súa versión web.
Fonte: El Diario
Unha nova aplicación móbil ofrecerá recursos xurídicos en éuscaro
Esta aplicación, elaborada polo Goberno vasco, ten como obxectivo principal o fomento do emprego do éuscaro na xustiza, con máis de 400 000 traducións xurídicas.
Fonte: La Vanguardia
Presentan unha campaña para impulsar o éuscaro no ámbito laboral na comarca de Oarsoaldea
A campaña, denominada Euskaraz, S.A., ten como obxectivo sensibilizar os axentes do ámbito laboral e fomentar a normalización lingüística da lingua vasca.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco edita oito novos dicionarios terminolóxicos en éuscaro
Estes dicionarios están vinculados á formación profesional, á empresa, á Administración pública e ao dereito, e inclúen definicións con equivalencias en castelán, francés e inglés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Donostia acollerá o Foro Europeo da Diversidade Lingüística
O foro celebrarase os días 15 e 16 de decembro e nel entidades e profesionais relacionados coa lingua e coa cultura reflexionarán sobre o desenvolvemento das linguas minorizadas en Europa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín