País Vasco

O Éibar apoia o éuscaro e cambia o dominio da súa web a .eus

O equipo de fútbol decidiu mostrar o seu apoio ao idioma cambiando o dominio da súa web a .eus para que todo o mundo teña acceso directo á versión en éuscaro da web. Tamén pensan abrir perfís exclusivos en éuscaro nas redes sociais.

Fonte: Vavel

País Vasco

O centro de terminoloxía e lexicografía UZEI desenvolve o primeiro corrector con tecnoloxía específica para o éuscaro

Este corrector ortográfico é o primeiro en basearse nunha tecnoloxía específica para a lingua vasca, denominada Hobelex e dispoñible para o procesador de textos LibreOffice.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Consello de Goberno vasco aprobou novas axudas para potenciar actividades docentes en éuscaro

Estas axudas están destinadas a potenciar actividades tanto docentes como extradocentes para garantir o emprego do éuscaro no ámbito educativo, cun importe total de 150 000 euros.

Fonte: Goberno Vasco

País Vasco

Unha nova lei de turismo esixe o emprego do éuscaro nos hoteis como requisito para acceder a mellores categorías

A nova Lei de turismo aprobarase a finais do mes de xullo no Parlamento vasco coa introdución do emprego do éuscaro como requisito para que os hoteis accedan a mellores categorías.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco considera que hai moita marxe de mellora na asignación de perfís lingüísticos na Administración

O Goberno afirma que a presenza do éuscaro nas organizacións públicas aumentou, pero recoñece que aínda existen moitos aspectos nos que se debe mellorar, como poden ser os criterios de emprego das linguas oficiais ou o emprego oral do éuscaro.

Fonte: El Diario

País Vasco

Aumenta o orzamento de axudas destinadas a estudantes que cursaron éuscaro este ano académico

A comisión de Éuscaro, Cultura, Educación, Mocidade e Festas do Goberno vasco aprobou as axudas para a aprendizaxe do éuscaro que experimentaron esta ano un incremento dun 43 %.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Clubs de fútbol e municipios de Txorierri asinan un acordo para fomentar o emprego do éuscaro no deporte

Cinco concellos do val de Txorrieri chegaron a un acordo con cinco equipos de fútbol para fomentar o idioma entre os xogadores dos equipos e nas actividades deportivas que realizan.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco demanda á Unión Europea un proxecto de diversidade lingüística que inclúa as linguas non oficiais da rexión

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco fixo un chamamento á Unión Europea demandando un tratamento máis equitativo e inclusivo para todas as linguas non oficiais da rexión.

Fonte: Expansión

País Vasco

Os plans de fomento do éuscaro no ámbito laboral das empresas cumpren 25 anos

O Goberno vasco leva 25 anos traballando en accións e estratexias para o fomento do éuscaro no ámbito laboral das empresas da comunidade.

Fonte: Deia

País Vasco

O Goberno vasco aproba unha axuda de 100 000 euros para materiais en éuscaro para a FP

O Consello do Goberno do País Vasco acordou conceder unha subvención á Asociación LANEKI para difundir materiais didácticos en éuscaro nos ciclos de formación profesional. Esta subvención servirá para a elaboración, selección e tradución dos materiais.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder