País Vasco

Presentan o primeiro dicionario de éuscaro offline gratuíto, dispoñible en formato móbil e web

A empresa de tecnoloxía en código aberto Irontec presentou o primeiro dicionario offline gratuíto de éuscaro, dispoñible tanto en aplicación móbil como en formato web.

Fonte: Grupo SPRI

País Vasco

Un novo dicionario xurídico-parlamentario agrupará case 1700 termos en éuscaro

Euskaltzaindia presentará un dicionario básico xurídico-parlamentario que agrupa multitude de termos en lingua vasca que se empregan habitualmente no dereito parlamentario.

Fonte: Noticias de Navarra

País Vasco

O Goberno vasco subvencionará os medios de comunicación en éuscaro durante tres anos

Por primeira vez, o Goberno concederá axudas cunha periodicidade de tres anos en lugar dun ano, co obxectivo de proporcionarlles maior estabilidade aos medios.

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno vasco subvencionará a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro

En total destinaranse 200 000 euros para subvencionar a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro para as ensinanzas regradas non universitarias.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Concello de Baracaldo aproba axudas por valor de 30 000 euros para o estudo do éuscaro

Estas subvencións están destinadas aos habitantes do municipio matriculados nalgún dos cursos de éuscaro entre o 1 de setembro do 2015 e o 31 de agosto de 2016.

Fonte: En Baracaldo

País Vasco

O Concello de Vitoria subvencionará o estudo do éuscaro con axudas por valor de 450 000 euros

As axudas irán destinadas á promoción e á aprendizaxe da lingua vasca a través de cursos, axudas económicas aos estudantes e un convenio para promover o cine nesta lingua.

Fonte: ABC

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa aproba o texto sobre política lingüística do Consello Asesor do Éuscaro

Este documento recolle as bases para o desenvolvemento da política lingüística para o período 2016-2036, centrado na revitalización da lingua vasca.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Llodio outorgará axudas para o estudo do éuscaro mediante 149 bolsas

As axudas ao estudo do éuscaro procedentes do Concello de Llodio ascenden a un total de 43 350 euros, distribuídos en 149 bolsas.

Fonte: El Correo

País Vasco

Case a metade dos colexios do País Vasco imparte clases en éuscaro, castelán e inglés

Un total de 325 centros de ensino de Primaria e Secundaria do País Vasco imparte clases en tres idiomas distintos, éuscaro, castelán e inglés. O obxectivo para o 2019 é lograr que todos os colexios vascos sexan plurilingües.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Donostia ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro para os desempregados

Estes cursos de éuscaro están dirixidos a persoas desempregadas maiores de 18 anos e teñen como obxectivo permitirlle á xente con menos recursos aprender o idioma.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder