País Vasco
O Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca asinan o acordo anual de colaboración entre ambas as institucións
O acordo entre o Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca de Iparralde detalla as liñas de actuación en materia de política lingüística que se desenvolverán en 2016.
Fonte: Euskara
O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración
Renóvase o convenio de colaboración entre a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, e o Concello de Bilbao para fomentar o uso do éuscaro e velar pola súa calidade.
Fonte: Deia
O País Vasco proponse ofrecer un servizo de saúde bilingüe no prazo de cinco ou dez anos
A rede sanitaria vasca ofrecerá a posibilidade de elixir o éuscaro como idioma preferente nos próximos meses e será bilingüe nun prazo de cinco ou dez anos.
Fonte: El Diario Vasco
O Goberno vasco subvencionará con 155 000 euros as substitucións de persoal público municipal que acode a clases de éuscaro
Os concellos e mancomunidades vascas serán subvencionados para que poidan cubrir, durante o ano 2016, os postos do persoal que vai a clases de éuscaro para obter o perfil lingüístico.
Fonte: 20 minutos
O Plan Estratéxico de Igualdade Lingüística da Deputación de Guipúscoa apoiarase nas asociacións e na investigación
O deputado xeral, Markel Olano, mantén que a colaboración na nova formulación foral sobre o éuscaro "traerá un cambio na xestión institucional".
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A ONCE e o Goberno vasco adaptan ao braille e ao sistema sonoro máis de 600 libros en éuscaro
O proxecto, realizado a través do persoal técnico da ONCE, contou coa subvención da Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco.
Fonte: Euskara
Un informe propón modificar os criterios dos exames de éuscaro para a obtención dos certificados oficiais
A Comisión de Seguimento de Validacións de Certificacións aconsella no seu informe orientar a revisión dos exames acreditativos e avaliar, principalmente, a capacidade comunicativa.
Fonte: El Mundo
Preséntase unha guía que persegue que os alumnos de Formación Profesional realicen as súas prácticas en éuscaro
Cristina Uriarte, conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco, insiste na importancia de unificar o proceso de aprendizaxe, o éuscaro e o ámbito laboral.
Fonte: Deia
Preséntase un novo videoxogo sobre mitoloxía vasca en éuscaro
Sorginen Kondaira é un videoxogo en 3D ambientado na mitoloxía vasca e que está en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Deputación de Áraba destinará 50 000 euros a sensibilizar o sector socioeconómico sobre o uso do éuscaro
Como recolle o Plan Estratéxico 2014-2017, apróbase esta medida para promover e fomentar o éuscaro no mundo laboral.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín