País Vasco
Donostia publica un dicionario básico en éuscaro para turistas
Este dicionario básico destinado aos turistas distribuirase de balde hoteis, bares e oficinas de turismo. Contén arredor de 1000 entradas con termos en éuscaro, castelán, galego, catalán, francés, inglés, italiano e alemán.
Fonte: El Diario Vasco
A Deputación de Guipúscoa destina máis de 160 000 euros a impulsar a investigación sobre o éuscaro
A Deputación de Guipúscoa renovou un convenio de colaboración co clúster de sociolingüística destinado a fomentar a investigación sobre a situación do éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de Zarautz organiza cursos de éuscaro para as persoas estranxeiras
Co obxectivo de adaptar e integrar as persoas que chegaron a vila recentemente, o concello ofrece un curso intensivo no que se lles ofrece orientación sobre diferentes temas.
Fonte: El Diario Vasco
O modelo D xera debate no País Vasco debido ao retroceso do éuscaro nas aulas
Un estudo realizado entre os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO revela un retroceso do coñecemento do éuscaro tanto oral como escrito.
Fonte: El Diario Vasco
Ponse en marcha unha campaña para fomentar o uso do éuscaro a través do ciclismo e Internet
Segundo informou a Fundación PuntuEUS, a campaña iniciarase do 1 ao 17 de abril para ampliar a difusión do dominio .eus.
Fonte: EITB
Preto do 90 % dos profesores vascos non ten a capacitación necesaria para impartir clases en inglés
Só o 1 3% do profesorado vasco dispón do nivel B2 de inglés, acreditación necesaria no País Vasco para impartir clases neste idioma.
Fonte: El Correo
A euscaldunización das persoas adultas convértese no reto dos euskaltegis
Os euskaltegis están a reforzar as certificacións dos niveis de éuscaro máis básicos, é dicir, o A1 e o A2, co obxectivo de chegar a ese 50 % de maiores de 40 anos que non ten coñecementos desta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca asinan o acordo anual de colaboración entre ambas as institucións
O acordo entre o Goberno vasco e o Organismo Público da Lingua Vasca de Iparralde detalla as liñas de actuación en materia de política lingüística que se desenvolverán en 2016.
Fonte: Euskara
O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración
Renóvase o convenio de colaboración entre a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, e o Concello de Bilbao para fomentar o uso do éuscaro e velar pola súa calidade.
Fonte: Deia
O País Vasco proponse ofrecer un servizo de saúde bilingüe no prazo de cinco ou dez anos
A rede sanitaria vasca ofrecerá a posibilidade de elixir o éuscaro como idioma preferente nos próximos meses e será bilingüe nun prazo de cinco ou dez anos.
Fonte: El Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín