País Vasco
As canles en éuscaro de ETB obteñen os peores datos de audiencia dende 1992
A Euskal Telebista (ETB) obtén o seu peor dato de audiencia en 2015 ao converterse na décimo cuarta opción televisiva dos cidadáns en Euskadi.
Fonte: El diario
O 45 % da poboación vasca falará éuscaro dentro de dez anos
Segundo o informe Y a partir de ahora qué, elaborado pola Viceconsellería de Política Lingüística, o éuscaro gañou mais de 300 000 falantes nos últimos 25 anos.
Fonte: El Mundo
Preséntase en Donostia "Hitzargiak", un proxecto que busca iniciativas para revitalizar as linguas minoritarias europeas
Soziolinguistika Klusterra e Donostia 2016 crean o proxecto "Hitzargiak" para revitalizar as linguas minoritarias de Europa coa identificación de boas prácticas.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Créase o primeiro portal dixital informativo en éuscaro sobre actualidade arabesa
Toda a actualidade das cuadrillas arabesas será publicada en éuscaro en Alea.eus.
Fonte: Noticias de Álava
Un convenio de colaboración entre entidades vascas promove o Observatorio de Medios de Comunicación en Éuscaro
Hekimen Euskal Hedabideen Elkartea, a UPV/EHU, a Universidade de Deusto e Mondragon Unibertsitatea asinan un convenio de colaboración para promover o Observatorio de Medios de Comunicación en Éuscaro.
Fonte: Universidad del País Vasco
Un paporroibo convértese no novo símbolo para o fomento do éuscaro
As institucións vascas presentaron este novo símbolo do éuscaro para fomentar o emprego desta lingua nas relacións cotiás no marco dunha campaña cuxo lema é "Dálle alas ao éuscaro" (Eman hegoak euskarari).
Fonte: Deia
O programa Berbagunea reúne en Bilbao a euscaldúns e estudantes para promover o uso do éuscaro
A cuarta edición do programa Berbagunea, promovido polo Concello de Bilbao e a Deputación foral de Biscaia, reúne uns 1600 euscaldúns e estudantes co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro e "sacalo á rúa".
Fonte: 20minutos
Iníciase unha campaña informativa en Biscaia a favor do modelo educativo en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia e 39 municipios biscaíños apoian o modelo educativo en éuscaro (D) onde todas as materias, excepto a lingua castelá, son impartidas neste idioma.
Fonte: ABC
O Consello de Europa valora a política lingüística vasca e resalta o avance do éuscaro na comunidade
O comité de expertos do Consello de Europa resalta a política lingüística do Goberno vasco e móstrase crítico co Goberno navarro polo orzamento que este destina a Euskarabidea.
Fonte: EITB
Edítanse dicionarios en once linguas para facilitarlles ás persoas estranxeiras o acercamento ao éuscaro
Os dicionarios editados pola sociedade Alkarbide, co apoio da Deputación de Biscaia, recollen vocabulario e frases básicas de utilidade no día a día ordenados por temas.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín