País Vasco
Representantes institucionais de linguas minoritarias europeas reúnense en San Sebastián para impulsar o cine nestes idiomas
Nunha reunión celebrada en San Sebastián, no marco do seu festival de cine, representantes de quince rexións e países europeos reuníronse para poñer en marcha medidas conxuntas que fomenten a creación cinematográfica nestes idiomas.
Fonte: Diario Vasco
Os concellos guipuscoanos de Gaintza e Amezketa poderán seguir enviando as súas actas soamente en éuscaro
Estes dous concellos enviáballe as súas actas á Delegación do Goberno soamente en éuscaro, polo que esta institución decidiu denuncialos ante os tribunais. Porén, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Donostia-San Sebastián deulles a razón e poderán continuar con esta práctica.
Fonte: EiTB
"Loreak" convértese na primeira película rodada integramente en éuscaro que loitará por chegar aos Óscar
"Loreak", rodada en éuscaro integramente, representará a España na carreira para conseguir o Óscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.
Fonte: Deia
Un grupo de empresas vascas solicitaralles aos seus provedores que ofrezan os seus servizos en éuscaro
Baixo o nome de Euskaragileak, un grupo de compañías organizouse para fortalecer a rede de empresas que desexan traballar e vender en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O cine en éuscaro supón menos da quinta parte das producións que se realizan no País Vasco
As 66 produtoras que existen no País Vasco só rodan unha media de dúas películas en éuscaro ao ano dun total de dez que se adoitan producir.
Fonte: El Correo
Máis da metade dos novos condutores de Donostibus deberá acreditar un perfil lingüístico PL1 ou superior
O Goberno municipal de Donostia e o sindicato maioritario da empresa de transportes Donostibus chegaron a un acordo sobre o coñecemento de éuscaro que deben ter os condutores da compañía.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Vitoria destina 124 000 euros a fomentar o uso do éuscaro na cidade
O investimento de 124 050 euros do Concello destinarase a bolsas e axudas para promover o uso do éuscaro. Preténdese impulsar a formación de persoas adultas e de monitores de tempo libre, así como reforzar a creación cultural nesta lingua.
Fonte: Noticias de Álava
A iniciativa Euskara Plus busca mellorar a capacidade de comunicarse en éuscaro
A asociación Banaiz Bagara pon en marcha en Oarsoaldea esta iniciativa co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro no mercado laboral e mellorar a capacidade de comunicarse nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco destina 1,5 millóns de euros a programas de fomento da interculturalidade e o reforzo lingüístico
O Goberno vasco aprobou unha orde de subvencións para proxectos de promoción da interculturalidade destinados ao alumnado inmigrante e de programas de reforzo lingüístico do alumnado con dificultades comunicativas nas linguas oficiais de Euskadi.
Fonte: El Día
Elgoibar acolle unha xornada sobre a xestión lingüística na empresa
O Instituto de Máquina Ferramenta-IMH foi o escenario da Xornada 30+10 na que se trataron os avances na incorporación do éuscaro ao mundo da empresa, así como os retos aínda pendentes nesta materia.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín