País Vasco
Preséntase o novo currículo de euscaldunización de persoas adultas
O novo Currículo Básico da Euscaldunización de Persoas Adultas define, por primeira vez, os seis niveis do Marco Europeo para as Linguas.
Fonte: Gobierno Vasco
A política lingüística do País Vasco servirá como referente para a normalización do guaraní
Paraguai quere tomar como modelo o traballo desenvolvido en materia lingüística co éuscaro para aplicalo á normalización do guaraní, lingua oficial deste país xunto co español.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Vitoria destina 600 000 euros á promoción do éuscaro
A Xunta de Goberno local aprobou destinar 600 000 euros ao fomento do uso do éuscaro na cidade a través de diversas actividades.
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de Portugalete aproba un programa de axudas para que os comercios poñan os seus letreiros en éuscaro
O Concello de Portugalete destinará 2800 euros a que os comercios da localidade que o desexen poñan os seus letreiros en éuscaro.
Fonte: Deia
A biblioteca de Legazpi únese á iniciativa de crear un club virtual de lectura en éuscaro
Este proxecto, que recibe o nome de E-rakurleak, foi posto en marcha polo Goberno vasco para crear un club virtual de lectura de literatura en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco e a Xunta de Galicia organizan un seminario en Donostia centrado na diversidade lingüística
O Goberno vasco e a Xunta de Galicia organizan, o 1 e o 2 de setembro, o seminario “O lugar do éuscaro e das demais linguas nun contexto multilingüe, á luz das achegas de Koldo Mit xelena e Ramón Piñeiro” con motivo do centenario do nacemento de ambos os dous intelectuais.
Fonte: Noticias Press
A Deputación de Áraba concederá un premio especial para o mellor grupo en éuscaro nun concurso para grupos musicais arabeses
A novena edición do Concurso de Grupos Musicais premiará con 6000 euros o grupo gañador e entregará un premio especial para o mellor grupo en éuscaro.
Fonte: 20 Minutos
Os lectores de éuscaro de centros estranxeiros recibirán cursos de formación
Os lectores de lingua vasca en centros superiores situados no estranxeiro recibirán cursos formativos organizados pola Universidade do País Vasco e o Instituto Etxepare.
Fonte: Crónicas de la Emigración
Xuíces da minoría saami visitan o País Vasco para coñecer os seus programas de fomento do éuscaro na Xustiza
Un grupo de xuíces noruegueses pertencentes á minoría saami atópase en Euskadi para coñecer as iniciativas de fomento do uso do éuscaro no sistema xudicial vasco.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Amama, unha película rodada integramente en éuscaro, compite pola Concha de Ouro en Zinemaldia
Por segunda vez, tras o éxito de Loreak, unha película rodada en éuscaro compite pola Concha de Ouro. Trátase de Amama, de Asier Altuna.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín