País Vasco
A literatura en éuscaro busca maior visibilidade a través dun premio de tradución
Este premio recoñecerá a tradución dunha obra literaria escrita e publicada orixinalmente en éuscaro. Está organizado polo Instituto Vasco Etxepare e Laboral Kutxa e dotado con 4000 euros.
Fonte: Diario Vasco
O primeiro libro publicado en éuscaro ten xa unha versión adaptada para persoas cegas
Tras un acordo asinado en 2014 entre Euskaltzaindia e a ONCE, estas dúas organizacións van presentar edicións especiais para persoas cegas (en alfabeto Braille e sistema de audio Daisy) do primeiro libro escrito en éuscaro e dous números da revista Erlea.
Fonte: Europa Press
Presentan un novo dicionario para traducir frases feitas do español ao éuscaro
Este dicionario fraseolóxico foi desenvolvido pola Fundación Labayru e conta cunha versión en papel e outra en liña. Con el, a tradución de frases feitas do castelán ao éuscaro será máis sinxela.
Fonte: EITB
Máis da metade dos vascos considera que éuscaro e castelán son igual de importantes
O informe “Euskara. Actitudes e opinións” conclúe que o 70 % da poboación vasca considera que saber éuscaro e castelán é igual de importante, ademais de apoiar o bilingüismo e o trilingüismo.
Fonte: Diario Vasco
Os entrevistados na televisión pública vasca poderán escoller a lingua na que expresarse
A televisión pública vasca respectará a lingua escollida polos seus entrevistados en informativos e programas de actualidade. Desta forma, incluso cando os programas sexan en castelán, os invitados poderán expresarse en éuscaro.
Fonte: El Correo
A nova lei de formación profesional do País Vasco inclúe máis estudos en éuscaro e linguas estranxeiras
Unha das innovacións incluídas na nova Lei de formación profesional que está preparando o Goberno vasco será potenciar a aprendizaxe de linguas. Para isto, potenciarase o modelo bilingüe (éuscaro-castelán) e un maior estudo do inglés neste nivel educativo.
Fonte: El Mundo
Tradutores de cinco países europeos estudarán éuscaro no País Vasco
Oito tradutores de seis países europeos realizarán un curso de éuscaro no País Vasco organizado polo Instituto Etxepare e a Asociación de Tradutores, Correctores e Intérpretes de Lingua Vasca (EIZIE). De entre eles, catro traducirán unha obra escrita en éuscaro ás súas linguas nativas.
Fonte: Cadena Ser
Só o 25 % dos aspirantes supera as probas para obter os certificados de coñecemento do éuscaro
Soamente un de cada catro aspirantes consegue os certificados de coñecemento do éuscaro, polo que desde o PSE-EE solicitan que se revise o contido e o enfoque das probas que se realizan para logralos.
Fonte: El País
O Concello de Vitoria destina 63 000 euros ao fomento do éuscaro
Os 63 000 euros destinaranse á Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, co obxectivo de fomentar o éuscaro na cidade de Vitoria.
Fonte: ABC
Comeza a segunda edición do proxecto de promoción do éuscaro Poziktibity
A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco comezou a segunda edición do proxecto Poziktibity, unha iniciativa que busca fomentar o uso do éuscaro dun modo diferente.
Fonte: EiTB
Boletín
Subscríbase ao boletín