País Vasco
Reivindican a necesidade dunha nova Lei do éuscaro
A iniciativa de modificación parte de EH Bildu por considerar que a actual lexislación, despois de 33 anos, está "desfasada". O principal obxectivo da nova lei é que os concellos conten con autonomía para aplicar unha política lingüística diferente.
Fonte: ABC
A Deputación Foral de Biscaia aposta pola transversalidade do éuscaro na institución
O proxecto de orzamentos para 2016 prevé un incremento do 4,8 % para o fomento do coñecemento e o emprego do éuscaro.
Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia
O Goberno vasco convoca axudas aos comercios para a rotulación en éuscaro e para a capacitación do persoal nesta lingua
Aprobouse unha orde que regula as subvencións, por un importe de 500 000 euros, para a tradución ao éuscaro da rotulación de grandes establecementos comerciais, así como a capacitación en éuscaro do seu persoal.
Fonte: 20minutos
O Concello de Barakaldo edita unha guía para que comerciantes e hostaleiros poidan atender os seus clientes en éuscaro
Os responsables de establecementos hostaleiros e comerciais de Barakaldo poderán desenvolver o seu traballo en éuscaro grazas á guía que acaba de editar o concello.
Fonte: El Correo
Preséntase o cuarto vídeo do proxecto de fomento do éuscaro Poziktibity
O cuarto vídeo do ano 2015 do proxecto Poziktibity presentouse en Bilbao, un vídeo que está directamente relacionado co Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: Bilbao Actual
O País Vasco e Paraguai colaborarán en materia de normalización lingüística
Os gobernos vasco e paraguaio asinarán un convenio de colaboración para impulsar a normalización do guaraní tomando como exemplo a experiencia do éuscaro.
Fonte: El Diario
O Concello de Donostia organiza 150 actividades para conmemorar o Día Internacional do Éuscaro
O 3 de decembro é o Día Internacional do Éuscaro e para celebralo o Concello de Donostia ten programadas máis de 150 actividades.
Fonte: Donostiako Udala
Póñense en marcha medidas para impulsar o uso do éuscaro na sanidade pública vasca
A Consellería de Saúde do Goberno vasco puxo en marcha unha batería de medidas co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro na sanidade pública.
Fonte: El Mundo
A metade do novo alumnado da Universidade do País Vasco escolle como idioma de aprendizaxe o éuscaro
Son un total de 4151 os estudantes que escolleron o éuscaro como lingua de aprendizaxe, o que supón o 50 % dos novos matriculados na Universidade do País Vasco.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O 70 % dos alumnos estranxeiros de Primaria e Secundaria do País Vasco estuda na liña en éuscaro ou na bilingüe
Os alumnos inmigrantes do País Vasco matriculáronse maioritariamente en modelos euscaldúns. En concreto, os 2681 estudantes de orixe estranxeira, 1163 escolleron a liña D, en éuscaro, e outros 736, a bilingüe. O resto, 782, fíxoo en castelán.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín