País Vasco
Comezan os programas Mintzalagun para practicar éuscaro
Comeza unha nova tempada de programas Mintzalagun nos que o curso pasado participaron 6000 euscaldúns, tanto na modalidade presencial coma en liña.
Fonte: Deia
Máis de 55 000 vascos queren que o éuscaro sexa a lingua preferente nas súas comunicacións orais co sistema sanitario
Esta medida xa está prevista no II Plan de éuscaro e comezou a poñerse en práctica este ano en toda a rede.
Fonte: El Mundo
Unha sentenza apoia o envío de actas redactadas só en éuscaro
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou o recurso da Delegación do Goberno e deulle a razón ao Concello de Irura que enviou información só en éuscaro.
Fonte: EiTB
Reivindican a necesidade dunha nova Lei do éuscaro
A iniciativa de modificación parte de EH Bildu por considerar que a actual lexislación, despois de 33 anos, está "desfasada". O principal obxectivo da nova lei é que os concellos conten con autonomía para aplicar unha política lingüística diferente.
Fonte: ABC
A Deputación Foral de Biscaia aposta pola transversalidade do éuscaro na institución
O proxecto de orzamentos para 2016 prevé un incremento do 4,8 % para o fomento do coñecemento e o emprego do éuscaro.
Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia
O Goberno vasco convoca axudas aos comercios para a rotulación en éuscaro e para a capacitación do persoal nesta lingua
Aprobouse unha orde que regula as subvencións, por un importe de 500 000 euros, para a tradución ao éuscaro da rotulación de grandes establecementos comerciais, así como a capacitación en éuscaro do seu persoal.
Fonte: 20minutos
O Concello de Barakaldo edita unha guía para que comerciantes e hostaleiros poidan atender os seus clientes en éuscaro
Os responsables de establecementos hostaleiros e comerciais de Barakaldo poderán desenvolver o seu traballo en éuscaro grazas á guía que acaba de editar o concello.
Fonte: El Correo
Preséntase o cuarto vídeo do proxecto de fomento do éuscaro Poziktibity
O cuarto vídeo do ano 2015 do proxecto Poziktibity presentouse en Bilbao, un vídeo que está directamente relacionado co Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: Bilbao Actual
O País Vasco e Paraguai colaborarán en materia de normalización lingüística
Os gobernos vasco e paraguaio asinarán un convenio de colaboración para impulsar a normalización do guaraní tomando como exemplo a experiencia do éuscaro.
Fonte: El Diario
O Concello de Donostia organiza 150 actividades para conmemorar o Día Internacional do Éuscaro
O 3 de decembro é o Día Internacional do Éuscaro e para celebralo o Concello de Donostia ten programadas máis de 150 actividades.
Fonte: Donostiako Udala
Boletín
Subscríbase ao boletín