País Vasco
Iníciase unha campaña informativa en Biscaia a favor do modelo educativo en éuscaro
A Deputación Foral de Biscaia e 39 municipios biscaíños apoian o modelo educativo en éuscaro (D) onde todas as materias, excepto a lingua castelá, son impartidas neste idioma.
Fonte: ABC
O Consello de Europa valora a política lingüística vasca e resalta o avance do éuscaro na comunidade
O comité de expertos do Consello de Europa resalta a política lingüística do Goberno vasco e móstrase crítico co Goberno navarro polo orzamento que este destina a Euskarabidea.
Fonte: EITB
Edítanse dicionarios en once linguas para facilitarlles ás persoas estranxeiras o acercamento ao éuscaro
Os dicionarios editados pola sociedade Alkarbide, co apoio da Deputación de Biscaia, recollen vocabulario e frases básicas de utilidade no día a día ordenados por temas.
Fonte: ABC
A Ertzaintza destina 350 000 euros a cursos de éuscaro para os seus axentes
A Academia Vasca de Policía e Emerxencias de Arkaute destina 350 000 euros ao Instituto de Alfabetización e Reeuscaldunización de Adultos (HABE) para que os alumnos da promoción XXV reciban cursos de formación de éuscaro.
Fonte: El Mundo
A Comisión Euskera 21 debate sobre o documento "E a partir de agora que?"
O documento "E a partir de agora que?" recibiu 29 achegas tanto de membros da Comisión Euskera 21 como de especialistas nos últimos meses.
Fonte: Goberno Vasco
Organízase un concurso de piropos en éuscaro para impulsar o idioma
No concurso en éuscaro organizado polo Euskaltegi Municipal de Eibar e AEK elixirase o mellor piropo valorando a súa orixinalidade.
Fonte: El Diario Vasco
Dez grandes firmas comerciais comprométense co Goberno vasco a garantir o uso do éuscaro
O Goberno vasco asina un convenio de colaboración con dez grandes cadeas comerciais no que manifestan a súa vontade de garantir o uso do éuscaro en relacións escritas e orais cos clientes.
Fonte: EITB
Ponse en marcha un plan de fomento do éuscaro no concello de Ortuella
O plan anual de fomento do éuscaro do concello de Ortuella vai dirixido a potenciar a aprendizaxe e utilización desta lingua na localidade.
Fonte: Deia
Ponse en marcha o Consello Asesor Municipal do Éuscaro no Concello de Bilbao
O Consello Asesor Municipal do Éuscaro está integrado por 21 persoas e ponse en marcha co obxectivo de lograr a normalización da lingua vasca en todos os ámbitos.
Fonte: ABC
Dous terzos dos vascos apoian as ideas expostas polo Goberno como base para un discurso sobre o éuscaro
Dous terzos da poboación vasca apoiou as 21 ideas presentadas polo viceconselleiro de Política Lingüística para a elaboración dun discurso compartido sobre o éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín