País Vasco
Un mapa de linguas e un expendedor de dicionarios son dúas das iniciativas de Donostia 2016 para reivindicar o plurilingüismo
Un mapa coas linguas de Europa e unha máquina expendedora de dicionarios son dúas das iniciativas coas que se quere reivindicar a diversidade lingüística europea no marco do proxecto Euskarriak.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de Getxo destina máis de 300 000 euros a axudas para fomentar o éuscaro
Getxo destinará en 2016 un total de 324 881 euros a axudas para promover o éuscaro en diferentes ámbitos: aprendizaxe do idioma, tempo libre e deporte, medios de comunicación, cultura e mundo laboral.
Fonte: El Correo
Un informe do Goberno vasco mostra un descenso no coñecemento do éuscaro entre o alumnado
Segundo a Avaliación Diagnóstica presentada polo Goberno vasco, o alumnado dos centros educativos públicos e concertados empeora no que se refire ás súas competencias en éuscaro, malia que cualifican este empeoramento como pouco significativo.
Fonte: El Diario Vasco
Donostia publica un dicionario básico en éuscaro para turistas
Este dicionario básico destinado aos turistas distribuirase de balde hoteis, bares e oficinas de turismo. Contén arredor de 1000 entradas con termos en éuscaro, castelán, galego, catalán, francés, inglés, italiano e alemán.
Fonte: El Diario Vasco
A Deputación de Guipúscoa destina máis de 160 000 euros a impulsar a investigación sobre o éuscaro
A Deputación de Guipúscoa renovou un convenio de colaboración co clúster de sociolingüística destinado a fomentar a investigación sobre a situación do éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O Concello de Zarautz organiza cursos de éuscaro para as persoas estranxeiras
Co obxectivo de adaptar e integrar as persoas que chegaron a vila recentemente, o concello ofrece un curso intensivo no que se lles ofrece orientación sobre diferentes temas.
Fonte: El Diario Vasco
O modelo D xera debate no País Vasco debido ao retroceso do éuscaro nas aulas
Un estudo realizado entre os alumnos de 4º de Primaria e 2º de ESO revela un retroceso do coñecemento do éuscaro tanto oral como escrito.
Fonte: El Diario Vasco
Ponse en marcha unha campaña para fomentar o uso do éuscaro a través do ciclismo e Internet
Segundo informou a Fundación PuntuEUS, a campaña iniciarase do 1 ao 17 de abril para ampliar a difusión do dominio .eus.
Fonte: EITB
Preto do 90 % dos profesores vascos non ten a capacitación necesaria para impartir clases en inglés
Só o 1 3% do profesorado vasco dispón do nivel B2 de inglés, acreditación necesaria no País Vasco para impartir clases neste idioma.
Fonte: El Correo
A euscaldunización das persoas adultas convértese no reto dos euskaltegis
Os euskaltegis están a reforzar as certificacións dos niveis de éuscaro máis básicos, é dicir, o A1 e o A2, co obxectivo de chegar a ese 50 % de maiores de 40 anos que non ten coñecementos desta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín