País Vasco
A televisión pública de Grecia emitirá unha serie vasca en éuscaro con subtítulos en grego
A televisión pública de Grecia adquiriu os dereitos de emisión dunha serie rodada integramente en éuscaro, Aitaren etxea, que se emitirá nesta lingua con subtítulos en grego.
Fonte: Fórmula TV
O Goberno vasco aproba dous programas para a euscaldunización do profesorado
Os programas, aos que se destina unha cantidade de 3,2 millóns de euros, están destinados a apoiar a euscaldunización do profesorado de centros privados.
Fonte: 20minutos
Vitoria desenvolve campañas de sensibilización para a promoción do uso do éuscaro en diferentes ámbitos
O Concello de Vitoria-Gasteiz e a Deputación Foral de Áraba promoverán a lingua vasca no ámbito do ocio, do tempo libre e do deporte.
Fonte: Gasteiz Hoy
O Goberno vasco e a empresa Casio presentan a primeira calculadora con posibilidade de seleccionar o éuscaro
O modelo de calculadora ClassWiz de Casio permite escoller idioma e entre eles ofrece a posibilidade de seleccionar o éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O alumnado que opta por realizar a selectividade en éuscaro supón máis do dobre do que prefire o castelán
Dos 9887 estudantes que se van presentar á Proba de Acceso á Universidade, 6808 farano en éuscaro, fronte a 3079 que se decantarán polo castelán.
Fonte: El Correo
Preséntase un informe coa proxección de futuro do éuscaro
O informe ¿Y a partir de ahora qué? sinala que en 2036 case a metade da poboación total de Euskadi será vascofalante; un 16,7 %, vascofalante pasivo; e un 33,8%, castelanfalante.
Fonte: El Diario
A Asociación de Farmacéuticos FEUSE establece entre os seus obxectivos aumentar o uso do éuscaro nas farmacias
Entre as propostas aprobadas na súa asemblea anual, a Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns (FEUSE) estableceu a posta en marcha de iniciativas para impulsar a presenza e a utilización do éuscaro nas boticas.
Fonte: Su Nota de Prensa
A campaña de promoción do éuscaro nos comercios de Donostia xa alcanza os 680 establecementos
Estes 680 establecementos son comercios e locais de hostalería que se comprometen a atender os clientes en éuscaro e dirixir a primeira palabra nesta lingua. Todos os locais levarán unha insignia distintiva para informar os clientes de que poden ser atendidos en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Máis da metade dos traballadores de Xustiza no País Vasco xa ten acreditado algún perfil lingüístico
Dos traballadores de Xustiza, 1150 dun total de 2296 teñen xa adxudicado un perfil lingüístico. O ritmo de introdución do éuscaro nesta Administración foi máis lento ca noutros ámbitos debido á súa complexidade.
Fonte: El Diario
Máis de 5000 persoas aprenderon éuscaro nos euskaltegis e barnetegis o pasado verán
Os euskaltegis e barnetegis acolleron máis de 5000 persoas o pasado verán. Os alumnos interesados en aprender éuscaro poden elixir algún dos numerosos cursos que ofrecen estes centros.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín