País Vasco
A política lingüística da Deputación de Biscaia orientarase á consecución dunha maior cohesión social
Desde a Deputación consideran que impulsar a revitalización do éuscaro redundará nunha mellor convivencia e axudará a conseguir unha sociedade cada vez máis bilingüe.
Fonte: Noticias Press
Tres empresas vascas crean Mugikaria, a primeira aplicación nativa de noticias en éuscaro para dispositivos móbiles
CodeSyntax, Alianzo e Talaios, tres empresas do País Vasco, puxeron en marcha o proxecto Mugikaria, a primeira aplicación nativa de noticias en éuscaro para móbiles, dispoñible para os sistemas operativos iOS e Android.
Fonte: Noticias Press
Publícase o primeiro manual sobre a historia de Roma en éuscaro
A Universidade do País Vasco, a través do seu Servizo de Publicacións, publicou o primeiro manual en éuscaro sobre a historia de Roma.
Fonte: ABC
Representantes institucionais de linguas minoritarias europeas reúnense en San Sebastián para impulsar o cine nestes idiomas
Nunha reunión celebrada en San Sebastián, no marco do seu festival de cine, representantes de quince rexións e países europeos reuníronse para poñer en marcha medidas conxuntas que fomenten a creación cinematográfica nestes idiomas.
Fonte: Diario Vasco
Os concellos guipuscoanos de Gaintza e Amezketa poderán seguir enviando as súas actas soamente en éuscaro
Estes dous concellos enviáballe as súas actas á Delegación do Goberno soamente en éuscaro, polo que esta institución decidiu denuncialos ante os tribunais. Porén, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Donostia-San Sebastián deulles a razón e poderán continuar con esta práctica.
Fonte: EiTB
"Loreak" convértese na primeira película rodada integramente en éuscaro que loitará por chegar aos Óscar
"Loreak", rodada en éuscaro integramente, representará a España na carreira para conseguir o Óscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.
Fonte: Deia
Un grupo de empresas vascas solicitaralles aos seus provedores que ofrezan os seus servizos en éuscaro
Baixo o nome de Euskaragileak, un grupo de compañías organizouse para fortalecer a rede de empresas que desexan traballar e vender en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O cine en éuscaro supón menos da quinta parte das producións que se realizan no País Vasco
As 66 produtoras que existen no País Vasco só rodan unha media de dúas películas en éuscaro ao ano dun total de dez que se adoitan producir.
Fonte: El Correo
Máis da metade dos novos condutores de Donostibus deberá acreditar un perfil lingüístico PL1 ou superior
O Goberno municipal de Donostia e o sindicato maioritario da empresa de transportes Donostibus chegaron a un acordo sobre o coñecemento de éuscaro que deben ter os condutores da compañía.
Fonte: Diario Vasco
O Concello de Vitoria destina 124 000 euros a fomentar o uso do éuscaro na cidade
O investimento de 124 050 euros do Concello destinarase a bolsas e axudas para promover o uso do éuscaro. Preténdese impulsar a formación de persoas adultas e de monitores de tempo libre, así como reforzar a creación cultural nesta lingua.
Fonte: Noticias de Álava
Boletín
Subscríbase ao boletín