País Vasco
Presentan unha campaña para impulsar o éuscaro no ámbito laboral na comarca de Oarsoaldea
A campaña, denominada Euskaraz, S.A., ten como obxectivo sensibilizar os axentes do ámbito laboral e fomentar a normalización lingüística da lingua vasca.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco edita oito novos dicionarios terminolóxicos en éuscaro
Estes dicionarios están vinculados á formación profesional, á empresa, á Administración pública e ao dereito, e inclúen definicións con equivalencias en castelán, francés e inglés.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Donostia acollerá o Foro Europeo da Diversidade Lingüística
O foro celebrarase os días 15 e 16 de decembro e nel entidades e profesionais relacionados coa lingua e coa cultura reflexionarán sobre o desenvolvemento das linguas minorizadas en Europa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Máis de 500 institucións asinan a declaración impulsada co gallo do Día do Éuscaro
A declaración con motivo do Día do Éuscaro, que suma máis de 500 adhesións de diferentes ámbitos (política, medios de comunicación, sindicatos, ensino, cultura etc.), ten como lema "Que podo facer eu polo éuscaro?".
Fonte: Diario Vasco
O éuscaro terá maior presenza no Servizo Vasco de Saúde
O titular vasco de Saúde expresou, no transcurso dunhas xornadas, o seu compromiso coa normalización do éuscaro na sanidade.
Fonte: Diario Vasco
Biscaia destina 2,5 millóns de euros a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro para a promoción do éuscaro
Este investimento estará destinado a apoiar as empresas, concellos e entidades que realicen plans de promoción do uso do éuscaro durante o próximo ano.
Fonte: El Correo
O III Loralaldi Festibala fomenta a transmisión da cultura contemporánea en éuscaro
Este festival realizarase en Bilbao desde o 7 de marzo ao 8 de abril e contará con espectáculos teatrais, musicais e de danza.
Fonte: El Correo
Donostia acolle a presentación do novo mapa das 2500 linguas ameazadas elaborado pola Unesco
O escenario desta presentación será o Foro Europeo da Diversidade Lingüística, os días 15 e 16 de decembro, un encontro centrado na situación das linguas minorizadas.
Fonte: El Diario Vasco
Unhas 1600 persoas participan nun encontro en Bilbao para promover o éuscaro
O encontro Berbagunea, que alcanza a súa quinta edición, reuniu a uns 1600 participantes no Centro Azkuna.
Fonte: El Correo
Máis de cen entidades subscriben en Donostia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos
Máis dun cento de organizacións que representan a 25 linguas minoritarias europeas asinaron este protocolo que contén 185 medidas que buscan asegurar a igualdade lingüística.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín