País Vasco

Un total de 52 novas entidades recibe os certificados Bikain polo seu emprego do éuscaro

San Sebastián acolleu o acto de entrega dos certificados Bikain (19 de ouro, 22 de prata e 11 de bronce) de calidade na xestión lingüística a 52 empresas e entidades.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O plan de convivencia de Vitoria promoverá o ensino do éuscaro ao colectivo inmigrante

O borrador do Plan de convivencia e diversidade recolle, entre outros aspectos, fomentar o coñecemento do éuscaro entre a poboación migrante para facilitar a interacción coa poboación local.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Deputación Foral de Biscaia convoca axudas para elaborar produtos que fomenten a presenza do éuscaro nas TIC

O Departamento de Cultura da Deputación de Biscaia destinará 160 000 euros á convocatoria de axudas para elaborar produtos que fomenten a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e da comunicación.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

As familias guipuscoanas prefiren para as súas fillas e fillos nomes curtos e en éuscaro

Debido a cambios políticos, sociais e culturais ao longo de todo un século, as familias guipuscoanas foron modificando as súas preferencias á hora de poñerlles nomes ás súas fillas e fillos. Así, a tendencia nas últimas décadas foi decantarse por denominacións máis curtas, pagás e en éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O certificado EGA de coñecemento do éuscaro mantén o Q de calidade ata 2021

A certificación EGA (Euskararen Gaitasun Agiria) revalidou o Q de calidade, conseguido por primeira vez en 2011 e que manterá ata 2021. Trátase do único certificado con este recoñecemento na acreditación do éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

EiTB márcase como reto continuar aumentando a oferta de contidos en éuscaro

A Radio Televisión Vasca EiTB quere continuar incrementando a súa oferta de contidos en éuscaro, así como manter o liderado dos servizos informativos.

Fonte: El Periódico

País Vasco

O Concello de Bilbao pon en marcha un programa de actividades en éuscaro para nenas e nenos de 2 a 8 anos

O programa Ikusi eta Ikasi, dirixido a nenas e nenos de entre 2 e 8 anos, contará con 66 espectáculos en éuscaro de teatro, maxia, música, pallasos, marionetas, contacontos, ademais de obradoiros de diferentes temáticas.

Fonte: Bilbao Actual

País Vasco

Os concellos vascos poderán redactar só en éuscaro as súas comunicacións escritas

Os concellos do País Vasco poderán redactar unicamente en éuscaro convocatorias, ordes do día, mocións ou ditames, e remitilos deste modo tanto á Administración autonómica como á central.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Crean o primeiro corpus bilingüe de noticias en éuscaro e castelán

Euskal Irrati Telebista (EiTB), MondragonLingua e Vicomtech-IK4 crearon un corpus bilingüe, de máis de medio millón de frases, de noticias en éuscaro e castelán, un recurso fundamental para o desenvolvemento de sistema de tradución automática entre as dúas linguas.

Fonte: EiTB

País Vasco

A Real Academia da Lingua Vasca e EiTB renovan o seu acordo de colaboración

Neste novo acordo de colaboración EiTB comprométese, entre outros aspectos, a fomentar o éuscaro batua en todos os seus medios e a darlles visibilidade aos diferentes dialectos desta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder