Estremadura
Piden que os centros de secundaria non impartan menos do 50 % de horas en valenciano

Escola Valenciana solicitoulle nun escrito á Consellería de Educación que os institutos non impartan o próximo curso menos do 50 % de horas en valenciano. Así mesmo, esixen máis persoal nos centros para aplicar con éxito o plurilingüismo.
Fonte: Levante-EMV
Un total de 61 centros educativos de Estremadura participaron nun programa de promoción do portugués
Un total de 61 centros educativos e 9128 alumnos e alumnas de Estremadura participaron no proxecto Plano Portugal que promoveu durante o curso 2019-2020 o ensino do portugués como lingua estranxeira.
Fonte: El Trapezio
Unha xornada en Serradilla reivindica as linguas que se falan en Estremadura

O municipio cacereño de Serradilla acolleu unha xornada con diferentes actividades na que se reivindicou o impulso das linguas estremeñas no sistema educativo e nas institucións públicas.
Fonte: El Diario
O interese polo portugués como segunda lingua increméntase nas escolas estremeñas

Para o curso 2019/2020, a aprendizaxe do portugués como segunda lingua chegará a 63 escolas da comunidade estremeña, oito máis que o pasado curso lectivo. Isto débese en gran medida ao Plan Portugal, co que o Goberno luso busca promover a elección deste idioma como segunda lingua estranxeira nas escolas.
Fonte: Diário de Noticias
Crean unha aplicación en Estremadura para que as persoas xordas poidan comunicarse en lingua de signos co número de emerxencias

A Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (Fexas) creou unha aplicación gratuíta a través da cal o colectivo de persoas xordas pode contactar co número de emerxencias sen barreiras de comunicación grazas ao emprego dun servizo de videointerpretación. Para asegurar o seu funcionamento, Fexas asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente e Rural, Políticas Agrarias e Territorio da Junta de Estremadura que garantirá a presenza da lingua de signos española no teléfono de emerxencias desta comunidade.
Fonte: Hoy
Celébrase por vez primeira o Día das Linguas de Estremadura

O pasado 18 de agosto celebrouse o I Día das Linguas de Estremadura co obxectivo de poñer en valor o patrimonio lingüístico desta comunidade. A esta cita acudiron representantes de colectivos defensores das diferentes modalidades lingüísticas estremeñas: o portugués, o 'extremeñu' e a fala.
Fonte: El Periódico de Extremadura
Olivenza quere evitar a morte do portugués oliventino
A necesidade de evitar a "morte" do portugués oliventino foi defendida polos promotores dun debate, fixado na vila fronteiriza de Olivenza, onde o uso do portugués se reduce hoxe ás persoas de máis idade.
Fonte: RTP
O portugués entra no ensino de Estremadura
O presidente estremeño, Guillermo Fernández Vara, definiu en Olivenza (Badaxoz) o ensino do portugués como segundo idioma, por detrás do inglés, nos centros públicos estremeños como "unha acción estratéxica" do seu goberno.
Fonte: Galicia Hoxe
Estremadura lanza unha campaña para fomentar a aprendizaxe do portugués
Estremadura iniciou unha campaña para promover que os cidadáns coñezan a lingua portuguesa, co obxecto de ampliar tanto a súa cultura como as posibilidades de negocio.
Fonte: Jornal de Notícias
A Fundación Vía Galego solicita medidas de protección para o galego que se fala fóra da comunidade autónoma
A Fundación Vía Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e que ten entre as súas funcións fomentar a presenza da nosa lingua nos territorios do galego estremeiro, organizou un concerto de música infantil para as nenas e nenos do Val das Ellas, en Estremadura.
Boletín
Subscríbase ao boletín