Estremadura
A Junta de Extremadura crea 35 novas seccións bilingües en centros educativos
A Consellería de Educación da Junta de Extremadura autorizou a creación de 35 novas seccións bilingües de inglés en 34 centros educativos, de maneira que, para o próximo curso 2010/11, serán 114 as seccións bilingües de inglés ou francés que estarán en funcionamento.
Fonte: ABC
Oito novos colexios estremeños impartirán unha segunda lingua estranxeira e cinco institutos, unha terceira
Oito novos colexios impartirán, con carácter experimental, unha segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de educación primaria, mentres que outros cinco institutos de ensino secundario (IES) comezarán a impartir unha terceira lingua estranxeira o próximo curso, catro deles portugués e un alemán.
Fonte: ABC
O portugués xa ten máis alumnos có francés en Estremadura
A aposta polo ensino da lingua portuguesa en Estremadura está a ter resultados. Segundo o Goberno da rexión, os alumnos que estudan portugués superaron por primeira vez os que optan polo francés.
Fonte: Diário de Notícias
O Concello de Cáceres proxecta contar cun intérprete de lingua de signos
A alcaldesa de Cáceres, Carmen Heras, sinalou que o concello proxecta contar cun intérprete da lingua de signos para que as persoas xordas poidan facer os seus trámites "máis facilmente" e alcanzar así un "maior grao de accesibilidade" do consistorio cara a estes colectivos.
Fonte: Qué
Os mitins do PSOE de Cáceres terán un intérprete de lingua de signos
A Agrupación Socialista de Cáceres e a Asociación de Persoas Xordas de Cáceres (APSCC) asinaron un convenio de colaboración polo que se garante a presenza de intérpretes de lingua de signos nos mitins socialistas da próxima campaña electoral municipal.
Fonte: ABC
Os centros educativos estremeños poden solicitar a autorización para o segundo idioma en primaria e o terceiro en secundaria
Os centros educativos estremeños sostidos con fondos públicos teñen un prazo de 20 días para solicitar á Consellería de Educación a autorización para impartir un segundo idioma no terceiro ciclo de educación primaria, e dunha terceira lingua estranxeira en secundaria, a partir do curso 2011/12.
Fonte: Europa Press
Os docentes estremeños poderán obter a habilitación lingüística en idiomas estranxeiros
O Executivo autorizou o decreto polo que se regula o procedemento para a obtención da habilitación lingüística para profesorado de centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria para postos catalogados bilingües.
Fonte: Región digital
A obra “Antígona en Mérida” foi representada en lingua de signos
Unha intérprete de lingua de signos da Asociación Musorex traduciu desde a escena os diálogos e diferentes pasaxes desta obra, escrita por Miguel Murillo e ambientada na Mérida de 1936.
Fonte: ABC
A Consellería de Educación de Estremadura potenciará o portugués como segunda lingua estranxeira
A Consellería de Educación e Cultura seguirá potenciando o ensino e a aprendizaxe da lingua portuguesa como elemento de definición da educación en Estremadura.
Fonte: Extremadura al Día
O Concello de Cáceres ofrece un servizo de interpretación de lingua de signos
O Concello de Cáceres, a través da Oficina de Accesibilidade localizada no Instituto Municipal de Asuntos Sociais, dispón dun servizo municipal de interpretación de lingua de signos española.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín