Estremadura
Dous de cada dez institutos de Estremadura imparten unha terceira lingua estranxeira
Non só de inglés viven os estudantes estremeños. A aspiración de saber comunicarse noutro idioma aparte do propio parece unha fase superada. Agora, os alumnos de Secundaria estudan dúas linguas estranxeiras. E algúns, tres. En concreto, son 24 os institutos da comunidade autónoma que imparten unha terceira lingua estranxeira, ou o que é o mesmo, o 19 por cento dos centros da rexión. En total, uns seiscentos alumnos estremeños están estudando para ser trilingües.
Fonte: Hoy
Regulan as convocatorias para ter seccións bilingües de segunda e terceira lingua estranxeira en Estremadura
O Diario Oficial de Estremadura (DOE) regula, con carácter experimental, a convocatoria de seccións bilingües en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Formación Profesional (FP) para o curso 2014/2015, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Estremadura.
Fonte: Digital Extremadura
A Escola Oficial de Idiomas de Cáceres ofrecerá pola primeira vez un curso da fala do Val do Xálima
A Escola Oficial de Idiomas de Cáceres ofrecerá o primeiro curso de fala do Val do Xálima, que se considera unha variante do galego, con obxectivo de conservala.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno de Estremadura traballa nunha lei para regular a lingua de signos na comunidade
A Consellería de Saúde mantivo unha reunión con asociacións de persoas xordas para crear unha lei que regule a lingua de signos na comunidade.
Fonte: 20 Minutos
Estremadura lidera a promoción do portugués como segunda lingua estranxeira en España
Estremadura é a rexión española que máis impulsa o portugués como segunda lingua estranxeira e, en consecuencia, a que posúe un maior índice de interese nesta lingua. Así o amosa o alto número de persoas que estudaron portugués o ano pasado nesta comunidade.
Fonte: ABC
Estremadura establece o número de materias impartidas en lingua estranxeira nas sección bilingües
O Goberno de Estremadura fixo público o número de materias que os centros educativos de Educación Infantil e Primaria terán que impartir noutra lingua para poder ser considerados bilingües. No caso de Infantil serán o 20 % do total das súas materias, e en Primaria, o 40 %.
Fonte: El Diario
Os programas de inmersión en inglés do Goberno de Estremadura beneficiarán máis de 700 estudantes
O Goberno de Estremadura organizou programas de inmersión lingüística en inglés destinados a alumnos do último ciclo de Primaria, de Secundaria e de Bacharelato para que melloren o seu nivel nesta lingua. En total, serán un total de 731 estudantes os que se beneficiarán deles.
Fonte: 20 minutos
Celébrase unha xornada para conmemorar a singularidade lingüística da localidade cacereña de Serradilla
A xornada “Habla Serradilla” terá como obxectivo promover esta variante lingüística baseada no astur-leonés, a cal aínda ten vixencia na localidade estremeña.
Fonte: El Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín