Estremadura
O Goberno de Estremadura destina máis de 170 000 euros ao Programa Integral de Aprendizaxe das Linguas Estranxeiras
O Consello de Goberno de Estremadura aprobou o decreto que regula as actuacións de formación do profesorado relativas ao Programa Integral de Aprendizaxe das Linguas Estranxeiras (PIALE) e autoriza a convocatoria para o ano 2012 cun orzamento de 170 366 euros.
Fonte: El Economista
O alumnado de orixe romanesa poderá estudar a súa lingua en 16 centros educativos de Estremadura
A Consellería de Educación e Cultura de Estremadura, en colaboración coa Embaixada de Romanía en España, introducirá o próximo curso a materia “Lingua, Cultura e Civilización Romanesa”, como experiencia piloto, en 16 centros educativos da comunidade.
Fonte: La Información
O número de seccións bilingües nos centros educativos estremeños aumenta un 23 % o próximo curso, ata as 203
A Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Estremadura incrementou un 23,6 por cento o número de seccións bilingües nos centros educativos, pasando de 155 a 203 no curso 2012-2013.
Fonte: Europa Press
O Goberno de Estremadura ofrece un servizo gratuíto de interpretación por teléfono para as empresas
O Goberno de Estremadura, a través do programa Avante Estremadura, puxo en marcha un servizo gratuíto de interpretación telefónica en máis de 30 idiomas para que as empresas estremeñas poidan exportar os seus produtos sen que a linguaxe lles supoña unha barreira.
Fonte: Master Más
Seis de cada dez alumnos estremeños de Primaria teñen unha competencia media-alta en linguas estranxeiras
Un estudo analizou as competencias en comunicación lingüística en idiomas estranxeiros e en coñecemento e interacción co mundo físico dun total de 23 706 alumnos de 4º curso de Primaria e 2ª de Educación Secundaria (ESO), no que tamén tomaron parte 2463 profesores. Entre os datos concretos, no estudo sinálase que en Educación Primaria o 57,03 por cento dos alumnos estudados teñen unha competencia media-alta en comunicación lingüística en lingua estranxeira e un 32,73 media-baixa.
Fonte: Hoy
Publícase a convocatoria para autorizar unha segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de Primaria en Estremadura
O Diario Oficial de Estremadura (DOE) publicou a convocatoria para autorizar a impartición, con carácter experimental, dunha segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de Educación Primaria nos centros sostidos con fondos públicos de Estremadura, a partir do curso escolar 2013/2014.
Fonte: Europa Press
O servizo de intérpretes de lingua de signos da Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas cumpre dez anos
O servizo de intérpretes de lingua de signos española que presta a Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (FEXAS) cumpriu 10 anos durante os que prestou 27 691 servizos en toda a rexión, segundo informou a federación estremeña nun comunicado.
Fonte: ABC
As seccións bilingües aumentarán un 20 % o próximo curso escolar en Estremadura
A Consellería de Educación e Cultura de Estremadura autorizou a creación de 42 novas seccións bilingües en centros educativos da rexión para o curso académico 2013/2014, o que supón un incremento dun 20,68 por cento en relación ao curso anterior.
Fonte: Hoy
A Consellería estremeña de Educación anuncia un novo portal para a aprendizaxe do portugués
O secretario xeral de Educación, César Díez Solís, anunciou a posta en marcha dun novo portal para a aprendizaxe do portugués, denominado ‘Rincón didáctico de Portugués’, que será elo “embrión” dun banco de recursos dispoñibles na rede.
Fonte: Digital de Extremadura
Varias asociacións de xordos de Estremadura traballan nunha lei de lingua de signos
A Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (Fexas) está traballando nun texto normativo para impulsar na Asemblea de Estremadura unha lei autonómica de lingua de signos similar á que xa existe noutras comunidades autónomas que sirva para desenvolver na rexión a normativa estatal que se aprobou en 2007.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín