Estremadura
A fala da comarca cacereña de Xálima sobrevive grazas ao orgullo dos seus falantes
A fala, unha lingua minoritaria falada en tres aldeas da comarca cacereña de Xálima, mantense viva máis de cinco séculos despois grazas á transmisión oral e ao compromiso cultural dos seus 6.000 falantes. Este idioma, cunha orixe que mestura o galego, portugués e asturleonés, é un exemplo de resistencia lingüística e cultural no Estado español.
Fonte: 20 minutos
A Universidade de Estremadura e unha universidade chinesa crean un instituto para profundar no coñecemento do chinés e o español
A Universidade de Estremadura e a Universidade de Educación de Chongqing (China) crearon o Instituto Panda co que se pretende intensificar as relacións entre ambas institucións e continuar coa cooperación educativa, así como afondar no coñecemento do chinés e o español e as súas culturas.
Fonte: Onda Cero
A Xunta de Estremadura autoriza un plan que introduce a aprendizaxe da lingua portuguesa en novos centros de ensino

A Consellaría de Educación, Ciencia e Formación Profesional de Estremadura autorizará 27 centros educativos a implantaren o Plan Portugal durante o próximo curso 2024-2025. Trátase dun programa que facilita a impartición do portugués en diferentes centros educativos, principalmente no ensino primario.
Fonte: Junta de Extremadura
Preséntase 'Xálima', un documental sobre a lingua do val do río Ellas

O documental Xálima, dirixido por Henrique Sanfiz, mostra a realidade lingüística dos tres concellos estremeños do val do río Ellas onde se usa a fala, unha variedade do galego, segundo a tese máis aceptada polos lingüístas.
Fonte: Nós Diario
Máis de 25 000 persoas estudan portugués en centros educativos estremeños
A Junta de Estremadura está a impulsar o ensino e a aprendizaxe da lingua e a cultura portuguesas, un feito que reflicte no número de persoas, máis de 25 000, que estudan este idioma na rexión en diferentes etapas educativas.
Fonte: Diario de Mérida
Unha iniciativa busca promover o uso das linguas de Estremadura nos diferentes proxectos Wikimedia
O Órgano de Seguimento e Coordinación do Estremeño e a súa Cultura e Wikimedia España asinaron un convenio de colaboración para fomentar o uso das linguas de Estremadura nos proxectos Wikimedia.
Fonte: Región Digital
A Deputación de Badaxoz contribúe ao impulso do romaní mediante subvencións a diferentes proxectos
Mediante as axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro localizadas na provincia de Badaxoz, a Deputación Provincial contribúe economicamente ao impulso do romaní co desenvolvemento de diferentes proxectos.
Fonte: InfoProvincia
O Concello de Olivenza e o Instituto Camões cooperarán en materia lingua e cultura portuguesas
O alcalde de Olivenza reuniuse con representantes do Instituto Camões co obxectivo de achegar posturas sobre cooperación entre ambas as institucións en materia lingüística.
Fonte: InfoProvincia
A Deputación de Badaxoz pon en marcha o programa Assina para dar a coñecer a realidade lingüística de Estremadura

A Deputación de Badaxoz puxo en marcha o programa Assina co que, a través de obradoiros e charlas, quere dar a coñecer e poñer en valor a realidade lingüística de Estremadura nas comarcas pacenses.
Fonte: Región Digital
Unha asociación de Badaxoz quere incluír o portugués nos carteis da capital pacense

A Asociación Cívica Cidade de Badaxoz propón que a sinalización e os carteis das rúas da capital pacense estean en español e en portugués, xa que pensan que esta iniciativa lle daría unha gran visibilidade á cidade e fomentaría as relacións aos dous lados da fronteira, así como a aprendizaxe da lingua portuguesa entre a poboación local.
Fonte: Hoy
Boletín
Subscríbase ao boletín