Galicia
A cota de mercado do galego en internet. Carlos Neira. 2012
Segundo o autor do estudo, o economista Carlos Neira, dispoñer dunha estimación da cota do mercado de consumidores en lingua galega en internet é "un dato básico para quen desenvolve proxectos dixitais en galego e/ou plurilingües". Neste documento explícanos que existen, aproximadamente, uns 189 825 lectores habituais de galego en internet.
The Galician Language in the Digital Age. META-NET. 2011
Este libro branco da lingua galega mostra que a industria e a investigación das tecnoloxías lingüísticas son bastante limitadas no caso da lingua galega. Malia que existe unha serie de tecnoloxías e recursos para o galego, hai menos ca para o inglés. Por outra banda, estas tecnoloxías e recursos son de baixa calidade.
Sociedades de plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega. 2009
O obxectivo deste foro foi ofrecer un ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do galego. A problemática galega foi contemplada, desde unha abordaxe ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no mosaico idiomático do espazo europeo, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.
Actas das VII Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Sanidade. Universidade da Coruña. 2011
Este volume inclúe as intervencións das persoas que participaron nas VII Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Sanidade. Esta iniciativa, que promove a Universidade da Coruña, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega.
Informe Letras Galegas e Internet, un salto adiante. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2011
Este informe recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.
Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. Real Academia Galega. 2007
Este volume persegue unha dobre finalidade: facer unha diagnose da situación sociolingüística galega comparándoa coa reflectida no Mapa do ano 92, e sentar as bases para futuras accións de cara á normalización do galego.
A lingua das novas. Consello da Cultura Galega. 2009
O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído ao impulso e á consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
O uso do galego nas ONGD asentadas en Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2009
Esta investigación foi realizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) en colaboración co profesor da Universidade de Vigo Xesús Domínguez Dono, e contou co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Situación do ensino da Lingua e da Literatura Galega na Educación Secundaria Obrigatoria. Consello da Cultura Galega. 2008
Informe, elaborado entre 2005 e 2007, resultado dun convenio entre o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega (CCG).
The Galician language in education in Spain. Mercator. 2001
Trátase dun dossier que analiza a situación da lingua galega en diferentes etapas do ensino: infantil, primaria, secundaria, universidade, formación profesional ou ensino para adultos. Contén datos dos anos 1998-2000.
Boletín
Subscríbase ao boletín