Galicia

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Consello da Cultura Galega. 2015

Este volume reúne dez contribucións orixinais de 14 especialistas, nunha tripla perspectiva: histórica, antropolóxica e lingüística. A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións e as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume, no que se analizan tamén os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.

Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Consello da Cultura Galega. 2013

Este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, así como a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.

Investigación e lingua. Alba Nogueira López. 2013

O estudo avalía o uso do galego na actividade investigadora (tanto no referido á difusión científica en círculos académicos como á divulgación científica no conxunto da sociedade), ao tempo que propón medidas de mellora.

Consulte o documento

A cota de mercado do galego en internet. Carlos Neira. 2012

Segundo o autor do estudo, o economista Carlos Neira, dispoñer dunha estimación da cota do mercado de consumidores en lingua galega en internet é "un dato básico para quen desenvolve proxectos dixitais en galego e/ou plurilingües". Neste documento explícanos que existen, aproximadamente, uns 189 825 lectores habituais de galego en internet.

Consulte o documento

The Galician Language in the Digital Age. META-NET. 2011

Este libro branco da lingua galega mostra que a industria e a investigación das tecnoloxías lingüísticas son bastante limitadas no caso da lingua galega. Malia que existe unha serie de tecnoloxías e recursos para o galego, hai menos ca para o inglés. Por outra banda, estas tecnoloxías e recursos son de baixa calidade.

Consulte o documento

Sociedades de plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega. 2009

O obxectivo deste foro foi ofrecer un ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do galego. A problemática galega foi contemplada, desde unha abordaxe ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no mosaico idiomático do espazo europeo, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.

Actas das VII Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Sanidade. Universidade da Coruña. 2011

Este volume inclúe as intervencións das persoas que participaron nas VII Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Sanidade. Esta iniciativa, que promove a Universidade da Coruña, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega.

Consulte o documento

Informe Letras Galegas e Internet, un salto adiante. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2011

Este informe recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.

Consulte o documento

Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. Real Academia Galega. 2007

Este volume persegue unha dobre finalidade: facer unha diagnose da situación sociolingüística galega comparándoa coa reflectida no Mapa do ano 92, e sentar as bases para futuras accións de cara á normalización do galego.

Consulte o documento

A lingua das novas. Consello da Cultura Galega. 2009

O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído ao impulso e á consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.

Consulte o documento

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder