Galicia

O uso do galego nas ONGD asentadas en Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2009

Esta investigación foi realizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) en colaboración co profesor da Universidade de Vigo Xesús Domínguez Dono, e contou co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consulte o documento

Situación do ensino da Lingua e da Literatura Galega na Educación Secundaria Obrigatoria. Consello da Cultura Galega. 2008

Informe, elaborado entre 2005 e 2007, resultado dun convenio entre o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega (CCG).

Consulte o documento

The Galician language in education in Spain. Mercator. 2001

Trátase dun dossier que analiza a situación da lingua galega en diferentes etapas do ensino: infantil, primaria, secundaria, universidade, formación profesional ou ensino para adultos. Contén datos dos anos 1998-2000.

Consulte o documento

A lingua galega no ámbito empresarial. Universidade de Santiago de Compostela. 2005

Tese de doutoramento realizada por Valentina Formoso Gosende na que por primeira vez se analiza en profundidade a situación da lingua galega no ámbito empresarial.

Consulte o documento

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo. Universidade de Vigo. 2002

Informe resultado dun amplo traballo realizado pola Universidade de Vigo para o Servizo de Normalización Lingüística do Concello vigués, co obxectivo de coñecer mellor a situación do galego e medir os cambios habidos desde 1998, ano no que se realizou un informe semellante.

Consulte o documento

Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Instituto Galego de Estatística. 2003, 2008 e 2013

Resultados das enquisas realizadas polo Instituto Galego de Estatística sobre a vida das familias de Galicia en varios anos (2003, 2008 e 2013) que recollen un módulo dedicado á lingua galega. Recompilan datos acerca de: coñecemento do galego, lingua inicial e lingua habitual, e usos.

Consulte os datos

O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I: política lingüística. Consello da Cultura Galega. 2002

Estudo no que se analizan as políticas lingüísticas levadas a cabo en Galicia nos últimos anos polos diferentes gobernos da Xunta de Galicia.

Consulte o documento

A lingua galega nos medios de comunicación. Consello da Cultura Galega. 2000

Análise dos principais resultados obtidos da enquisa “A lingua galega nos medios de comunicación: situacións e opinións” sobre a presenza da lingua galega nos medios de comunicación. Este cuestionario realizouse a unha mostra da poboación de Galicia maior de 18 anos.

Consulte o documento

A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Consello da Cultura Galega. 2005

Análise en profundidade dos datos obtidos polo Instituto Galego de Estatística no 2003 na súa Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego que inclúe tamén comparacións cos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992.

Consulte o documento

Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Usos lingüísticos en Galicia. Real Academia Galega. 2008

Este volume céntrase nos usos lingüísticos en Galicia, que permiten cuantificar o número de falantes dunha determinada lingua, neste caso, o galego, e observar a súa distribución xeográfica e social. Ao mesmo tempo, nas situacións de linguas en contacto, o uso reflicte o status que se lle atribúe a cada lingua e suxire cal é a orientación das actitudes lingüísticas dunha poboación.

Consulte o documento

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder