A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración do Concello da Coruña, organiza un obradoiro de rap regueifa de balde para achegar o galego á mocidade, en especial no seu tempo de lecer, para incentivar a súa aprendizaxe. A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística inclúe este curso no seu programa formativo que presentou na este luns. Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís O Caruncho.
Fonte: Vieiros
Sección:



