O programa de dinamización lingüística "Nadal en Rede", impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, chegará a 21 novas localidades galegas con actividades musicais, obradoiros e sesións de teatro. Os concellos onde terán lugar estas actividades do programa son Dodro, O Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Oroso, Ponteceso, Avión, Fene, Ortigueira, Caldas de Reis, Toén, Fisterra, A Cañiza, Mondariz-Balneario, O Porriño, Bueu, Melide, Vimianzo, Arteixo, A Pontenova, Taboada e Castro Caldelas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



