Novas

Unha investigación emprega o ADN antigo para resolver a orixe das linguas urálicas europeas
06 de agosto de 2025

Unha investigación emprega o ADN antigo para resolver a orixe das linguas urálicas europeas

Un estudo pioneiro que conxuga xenética e lingüística sitúa a orixe das linguas urálicas, como o finés, o estoniano ou o húngaro, nos bosques boreais do leste de Siberia. A análise de 180 xenomas antigos revela un sinal xenético propio desa rexión, presente nas poboacións actuais que falan estas linguas. A evidencia indica que a expansión do grupo humano portador desta marca comezou hai uns 4500 anos e foi decisiva na difusión das linguas urálicas a milleiros de quilómetros do seu punto de partida.

Fonte: Muy Interesante

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder