Galicia

Danse a coñecer os proxectos gañadores do I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible

O I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible naceu coa intención de divulgar nesta lingua as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria. Nesta primeira edición o vídeo gañador foi o titulado ‘Obtención de hidróxeno mediante a electrólise da auga’.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O colexio CEIP de Porto Cabeiro recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 da Xunta

O colexio CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, de Redondela, recibiu o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de educación infantil e primaria convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor da figura, vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha nova plataforma impulsada pola Universidade de Santiago reunirá doazóns lingüísticas dos galegofalantes

O proxecto Lingua Viva, coordinado pola profesora Elisa Fernández Rey, permitirá recoller o patrimonio lingüístico nun espazo que reúna as doazóns lingüísticas dos falantes do galego vivo, dende audios ou vídeos ata conversas de WhatsApp. Esta plataforma en liña contará co apoio do programa de micromecenado da USC Sumo Valor.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Galegote Rock volverá encher Pontevedra de música en galego

Este 2021 o Concello de Pontevedra volve organizar o Galegote Rock no marco do cal se celebrarán quince concertos durante os días 28, 29 e 30 de maio. O obxectivo deste festival é crear espazos de uso para o galego no ámbito do lecer.

Fonte: Concello de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para as rodaxes en galego na provincia

O programa "Pontevedra, plató de cinema", impulsado pola Deputación de Pontevedra, destina 900 000 euros a unha liña de axudas coas que quere promover os proxectos audiovisuais en galego que teñan como escenario a provincia.

Fonte: Cultura Galega

Arranca a primeira convocatoria de probas Celga 2021 na que se examinan preto de 3000 persoas

A Xunta de Galicia iniciou a primeira convocatoria de probas Celga do ano 2021, na que está previsto que se examinen un total de 2766 persoas. Os exames arrancaron coas probas do Celga 4 no IES compostelán Antonio Fraguas e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Cidade da Cultura e o Museo de Pontevedra homenaxean os primeiros galeguistas coa exposición 'Galicia, de Nós a nós'

A Cidade da Cultura de Galicia leva ao Museo de Pontevedra “Galicia, de Nós a nós” unha mostra que homenaxea e pon en valor o legado da Xeración e da revista Nós na cultura e na identidade galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

As tres universidades galegas presentan unha peza audiovisual na que o alumnado reflexiona sobre o galego

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2021, as tres universidades de Galicia presentaron o vídeo "A universidade, un espazo para o galego", unha peza audiovisual na que o alumnado dos diferentes campus conta a súa experiencia lingüística na universidade, reflexiona sobre as eivas e as oportunidades para a normalización da lingua galega neste ámbito e expón as súas razóns para incorporala nos seus usos lingüísticos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ourense organiza a iniciativa “O camiño da lingua” que contará coa participación de doce centros educativos

“O camiño da lingua” é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Ourense no marco do programa de animación á lectura e ten como obxectivo promover a cultura e a lingua galegas a través do xogo e da interacción.

Fonte: Concello de Ourense

A Cámara galega aproba por unanimidade unha iniciativa para reclamar a normalización do galego nos centros sanitarios

O Parlamento galego aprobou, por unanimidade, unha iniciativa do BNG na que se insta a Xunta a normalizar o uso e a presenza do galego nos centros sanitarios. Para iso piden que se garanta a existencia de versións nesta lingua de toda a documentación destinada aos pacientes e a posta en marcha de actuacións formativas para que os profesionais dispoñan das competencias lingüísticas necesarias para ofrecer atención en galego.  

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder