Galicia

A Deputación de Pontevedra celebra o Día da Lingua de Signos coa entrega dos premios do concurso "Xoga coas Manciñas"

A Deputación de Pontevedra entregou os premios do concurso "Xoga coas Manciñas" correspondentes aos anos 2021 e 2020 nun acto no que se destacou a necesidade de que a lingua de signos teña presenza no currículo educativo e se apoiou a iniciativa para a recompilación da lingua galega en lingua de signos.

Fonte: Deputación de Pontevedra

A Deputación da Coruña dá a coñecer as iniciativas gañadoras dos XII Premios Rosalía de Castro de Lingua

Os XII Premios Rosalía de Castro de Lingua, que recoñecen persoas e entidades que traballan no fomento do galego, recaeron no debuxante Xaquín Marín, na Agrupación Astronómica Ío e no Twitter en galego, que recibirán cada un 2100 euros.

Fonte: Deputación da Coruña

Un total de 180 concellos impulsan as actividades das súas bibliotecas e axencias de lectura grazas ao apoio da Xunta

Un total de 180 concellos benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nun total de 220 bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García asiste en Vigo ao concerto de presentación de Cantos de terra e sal

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Museo do Mar de Galicia ao concerto de presentación de Cantos de terra e sal, o novo proxecto de Carmen Penim.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 impulsará máis dun millar de actividades presenciais con 3 M€ na súa segunda edición

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta de Galicia impulsará máis dun millar de actividades presenciais a través da segunda convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, o programa da Xunta de Galicia posto en marcha no marco do Plan de Reactivación cultural que na súa segunda edición conta cun orzamento de 3 M€. O obxectivo é apoiar ao tecido cultural e inxectar liquidez nas empresas ao tempo que se configura unha oferta de lecer en galego, ampla, plural e de calidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘Agochar a memoria nalgures’ reflexiona sobre o s. XXI a través da poesía e co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro Agochar a memoria nalgures, no que o escritor e profesor José Julio Fernández Rodríguez reflexiona a través da poesía sobre as dificultades ás que nos enfrontamos as persoas no contexto do s. XXI.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Só unha das 6417 persoas aspirantes á avogacía fixo a proba de acceso en galego

Das 6417 persoas rexistradas para realizar a proba de acceso á avogacía correspondente ao ano 2021 só unha realizou o exame en galego. No que respecta ás outras linguas do estado, escolleu o éuscaro tamén un aspirante e 41, o catalán, mentres que o resto optou polo castelán.

Fonte: Nós Diario

A comunidade "Orgullo galego" ofrece en Spotify música en lingua galega de diferentes estilos musicais

Esta comunidade virtual conta no seu perfil en Spotify con tres listas de música en galego de diferentes estilos musicais: unha con 140 cancións para público infantil, outra con máis de 500 cancións de todos os estilos e unha terceira con máis de 100 panxoliñas de Nadal.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Consello Económico e Social de Galicia solicita que se garantan os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

O Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio ao emprego do galego en todos os ámbitos da vida social e económica e pide maior contido legal e formal ao dereito da poboación a usar esta lingua nas relacións coas empresas.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta convoca prazas en 10 Centros de Estudos Galegos de Europa e América

A Xunta de Galicia convoca 10 prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 en centros universitarios de España, Italia, Francia, Brasil, Croacia, Alemaña e Reino Unido.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder